BURELA (FNC) .- A Delegación de Medio Ambiente en colaboración coa Fundación Sotavento organiza un novo curso de condución eficiente en Burela. Váise celebrar os días 12 e 13 de marzo e o prazo de inscrición xa está aberto.
A concelleira Lucía Bouza asegura que “se trata dunha nova proposta formativa consistente na organización e posta en marcha dunha serie de cursos encamiñados a realizar un uso máis racional dos nosos vehículos. Esta acción pedagóxica tratará de fomentar un novo estilo de condución dos turismos, co que se obteñen diminucións medias no consumo de combustible de ata o 15% sobre a condución convencional, mellorando ademais, a seguridade vial e o confort”. A edil socialista apunta que “se todos os conductores e conductoras empregásemos as técnicas de condución eficiente poderíamos aforrar uns 136 euros ao ano no gasto de combustible”.
O curso ten unha duración de dúas horas e nel ofreceránse contidos teórico-prácticos. Levaranse a cabo nun percorrido de 5 a 7 kilómetros e contará con monitores expertos que explicarán as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. Lucía Bouza lembra que “os cursos son completamente gratuitos e están dirixidos ás persoas que empreguen o vehículo privado habitualmente. O único requisito é levar o orixinal e unha fotocopia do permiso de conducir os días de celebración do curso”.
Os interesados en inscribirse poden facelo chamando ao seguinte número de teléfono: 982 58 08 67.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



