Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023. A Consellería do Medio Rural informa de dous incendios forestais activos arestora nos concellos de Alfoz, parroquia de Lagoa, e de Viana do Bolo,... Ler máis
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023. A Consellería do Medio Rural informa de dous incendios forestais activos arestora nos concellos de Alfoz, parroquia de Lagoa, e de Viana do Bolo,... Ler máis
Foi unha xornada marcada pola auga pero chea de bos resultados para as diferentes tripulacións de Celeiro. Acadaron o 2° posto nas categorias Alevin e Infantil e as dúas tripulacións de veteranos subiron ao podio en 1° e 3° lugar.
A operación policial iniciouse tras detectar a introdución de billetes falsos en diversos establecementos de hostalería na Mariña, especialmente nos meses de verán. O infractor adquiría a través de aplicacións en liña paquetes de billetes falsos de diferente valor coa suposta finalidade de introducilos no mercado legal. Froito do intenso labor investigador logrouse deter ao presunto autor, evitando a introdución de billetes falsos no trafico xurídico, así como a consecuente perda financeira e prexuízo patrimonial para as vítimas destes delitos, quen ao recibir os billetes falsificados non poden trocalo por diñeiro lexítimo, causándolles un dano económico inmediato e perdas irrecuperables. No rexistro domiciliario atopáronse 630€ en billetes falsos. A persoa detida foi posta ao dispor xudicial.
Félix Jorquera charlou con Amanda Gasalla, a pregoeira da Festa da Faba 2024; con Manuel Arango, concelleiro de Cultura; con José Cuadrado, presidente do Conselleo Regulador IXP Faba de Lourenzá; con Francisco Rivas, presidente de Vespa&Faba e Clásicos Lourenzá; e coa alcaldesa laurentina, Rocío López, que convidou a achegarse esta fin de semana a Lourenzá a gozar desta tradicional cita.
O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e a Deputada Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participaron este xoves no CENIMA de Foz nun foro organizado pola Federación de Comercio da Mariña (FCAM) baixo o título Traballo na Mariña Lucense, onde vivo? No encontro, que serviu para analizar a problemática da falta de pisos de aluguer tras o auxe das vivendas turísticas, participaron ademais a presidenta da FCAM, Carmen Cruzado; o CEO de Inmoriba, Néstor Sordo; o xerente do hotel O Cabazo, Joaquín López; ou a axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Tania Hermida.
Será o venres 11 de outubro e traerá ata a localidade á cantante Lara Hoevenaar, unha recoñecida voz dentro do panorama jazzistico. Estará acompañada polo asturiano Marco Martínez, profesor da Escola de Música Moderna de Oviedo e director do Seminario de Improvisación de Siero, xunto ao que ofrecerá un repertorio en homenaxe ás grandes voces femininas do jazz clásico dos anos 20 e 30 no que non faltarán nomes como os de Bessie Smith, Billie Holliday, Ela Fitzgerald ou Sarah Vaughan. Pola súa banda, o equipo do restaurante deseñará un menú específico para esta convocatoria. As prazas son limitadas e é imprescindible reserva.
Unha xornada organizada pola asociación Recursos de Aldea coa colaboración do Concello e dedicada aos produtos realizados con este alimento. Será a partir das 10:30 horas no Mercado Municipal e contará con varios postos cunha gran variedade de produtos.
Nesta cita, na que están a participar 44 persoas, divídese en catro tramos e tras o seu paso pola Mariña lucense, os deportistas continuarán o 4 de outubro o recorrido por Santiago de Compostela. Logo, o día 5, estarán no concello de Carballiño e culminarán a proba o 6 de outubro en Vilagarcía de Arousa.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital