Nota de Prensa O LUNS ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DE TEMPO LIBRE QUE ORGANIZA O CIM. HABERÁ MANUALIDADES, BORDADO E BOLILLOS, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR NEVES CANDO. Burela, 24 de s... Ler máis
RRIBADEO (FNC) .- O Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo xa conta con blogue na rede. Denomínase ribadeomuller.wordpress.com e nel as mulleres poderán atopar toda a información do s... Ler máis
BURELA (FNC) .- Inauguraron na Casa da Cultura de Burela a exposición dos traballos realizados ao longo de todo o ano nos talleres organizados polo CIM. A edil de Cultura, Neves Cando, suliñ... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Centro de Información á Muller de Ribadeo atendeu durante o ano pasado 327 consultas plantexadas por 285 persoas que demandaron información e asesoramento. Segundo a resp... Ler máis
O luns, 28 de setembro, ábrese o prazo de inscrición nos cursos de tempo libre que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) de Burela. A concelleira de Igualdade, Neves Cando, indica... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) A Concellaría da Muller e o CIM de Ribadeo organizan diversas actividades destinadas ás mulleres que presentou esta mañá a edil nacionalista, Mariluz Álvarez Lastra. O sábad... Ler máis


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



