RIBADEO (FNC) .- O Centro de Información á Muller de Ribadeo atendeu durante o ano pasado 327 consultas plantexadas por 285 persoas que demandaron información e asesoramento.
Segundo a responsable do CIM, Luisa González, suliñou que “área de asesoramento xurídico foi a máis demanda con 178 consultas, seguida da área psicolóxica con 69 e da área de recursos con 51. No que atinxe á vía xurídica o máis demandado foi o dereito de familia, como noutras ocasións, as consultas foron referidas aos procesos de separación e divorcio, é dicir a forma de realizarse, o procedemento e a información solicitada tivo que ver coa custodia dos fillos e réxime de visitas, pensión de alimentos, réxime de tenencia da vivenda…Houbo tamén moitas consultas de asistencia xurídica gratuita, houbo un ascenso con respecto a 2009. As causas poden ser que a crise económica afectou ás clases populares do Concello e polo tanto fixo que tivesen que recurrir a esta asistencia para dirimir aqueles conflictos que teñen”.
Das 285 persoas que acudiron ao CIM no 2009, 257 eran mulleres e 28 homes. Do total de persoas que se achegaron en busca de asesoramente e información o 22’4% eran mulleres inmigrantes, “nós entendemos que están situadas nunha doble vulnerabilidade por seren mulleres, inmigrantes e moitas veces sen papeis, non teñen permiso de residencia e eso impídelles traballar dunha forma reglada e disfrutar de determinados beneficios”.
As mulleres que demandaron máis información son as comprendidas entre os 26 e os 35 anos, seguidas das de 46 a 55. Trátase de mulleres con fillos, con estudios primarios e medios que traballan e que teñen uns ingresos familiares que oscilan entre os 600 e os 900 euros.
A media de consultas por mes no CIM de Ribadeo oscila arredor das 25, ainda que houbo meses como o de abril no que se chegou ás 37 ou decembro que se quedou em 11.
Ámbito de acción
A concelleira de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, fixo unha valoración moi positiva do traballo desenvolvido polo CIM, que foi creado no ano 2004. A edil nacionalista sinalou que “cada vez son máis as persoas que se achegan ao Centro de Información á Muller, tanto á avogada como á psicóloga, en demanda de asesoramento xurídico ou datos sobre as actividades que se organizan. Imos a máis dentro do noso ámbito de acción, xa que tamén atendíamos a outros Concellos como Barreiros, Trabada e A Pontenova, e destacar que no 2009 tamén prestamos atención a Riotorto, houbo varias consultas de persoas que viven alí e lles axudamos no que podemos”.
Álvarez Lastra manifestou que “o conglomerado de actividades do CIM vénse mantendo igual que o que se fixo ao longo dos últimos. Mantemos o traballo cos centros educativos, a mesa de traballo sobre violencia de xénero co protocolo que temos establecido e con xuntanzas periódicas para coordinar a todos os sectores implicados e tamén facemos moitas actividades de lecer, tempo libre, cursos e charlas relacionadas coa muller e coa igualdade. Entre o máis destacado que fixemos no 2009 figura a publicación dunha guía dirixida a mulleres inmigrantes donde elas participaron activamente e na que dan pinceladas importantes sobre dereitos laborais e dereitos documentais e outros aspectos que nos afectan ás mulleres”.
As novas actividades de información e asesoramento para este 2010 serán presentadas nos vindeiros días no Consello Municipal da Muller.
Concello familiarmente responsable
A concelleira da Muller dixo que “é o primeiro ano no que estivemos inmersas nun proxecto no que xa participamos da Fundación Máis Familia, que pretende facer un certificado de calidade para aqueles Concellos que estean traballando en materia de igualdade. Fíxose un certificado de empresas familiarmente responsables e agora o proxecto que se está a levar adiante é o de municipios familiarmente responsables. Nós iniciámonos deste proxecto, fomos ás reunións no último trimestre do 2009 e agardamos seguir participando na actualidade e que o Concello de Ribadeo sexa en abril un deses Concellos pioneiros, en principio en Galicia porque é o único representado alí, xunto a outros de moita maior poboación da zona centro.


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



