Nota de Prensa
O GPPP pide a Besteiro que detalle as accións que fixo a Deputación para xerar emprego na provincia
* Os populares lamentan que Besteiro use un foro sindical para facerse autopropaganda e suliñan que a previsión de investimento do Plano de Emprego Provincial para 2010 adicarase exclusivamente á concesión de premios e becas
A Mariña, a 20 de xaneiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular retou ó Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro a que detalle as accións concretas que se levaron a cabo ata o momento por parte do bigoberno provincial para promover a creación de emprego na provincia.
Dende o GPPP indicaron que o investimento do Plano de Emprego Provincial para 2010, para o conxunto da provincia, é de 295.194’43 euros, que se adicarán a “premios, becas e pensións de estudantes e investigadores”, segundo consta literalmente nos orzamentos do indicado plano de emprego. Non se recolle, por tanto, ningunha acción concreta para a creación de novos postos de traballo ou para o mantemento dos existentes.
Suliñan ademais que os 475.254 euros que se consignan a gastos diversos, é dicir, a financiar accións de propaganda e publicidade, poderían perfectamente destinarse a axudas para a contención do desemprego en sectores en situación manifesta de crise.
Ante esta situación, o GPPP tachou de cínica a actitude de Gómez Besteiro que, pese a non facer nada polo emprego nin polos sectores productivos da provincia, usou a súa participación nun foro sindical celebrado na comarca da Mariña para facerse autopropaganda e autobombo co plano de emprego provincial.
Porque os datos, segundo os populares, desminten o dito polo Presidente da Deputación nese foro: ó plano provincial polo emprego quédanlle dous anos de vida, o presente 2010 e 2011, e para 2011, cando os índices de paro van seguir sendo elevados, o investimento en premios e becas será de 144.597,22 euros, mentres que “outros gastos diversos” terán unha partida de 237.627 euros. Esto demostra, segundo os populares, que o bipartito provincial usou o plano de emprego cun afán desmedido de propaganda.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



