RIBADEO .- A asociación ribadense Atalaia indica que dese o ano 2005 non se constrúen nichos no cemiterio municipal de Ribadeo e solicitan que se constrúan nichos “para responder a dem... Ler máis
Está encadrada dentro de Xuventude no Programa de Verán do Concello de Xove. Nestes tres días teñen un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprende desde a montaxe e a desmontaxe do campamento surf na praia de Esteiro, kaiaks, xogos acuáticos, festa da escuma, xincana e moitos xogos máis. Está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.
Será ás 20:30 horas. A entrada é libre.
O sábado 9 e o domingo 10 son as festas na honra a San Pedro Fiz e as inmediacións da praia de Esteiro van formar parte do escenario perfecto para estas parroquiais. A Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, con Daniel Alonso, José Meitín e Eleodora López como membros da comisión organizadora fixeron a presentación do cartaz acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de cultura, Dolores Meitín, invitando aos visitantes e a toda a veciñanza a pasar uns días de convivencia e diversión.
Ademais, con motivo da celebración das Festas de San Roque, o mercado correspondente ao xoves 14 de agosto adiántase ao mércores 13.
Javier Arias destacou que “a Feira do Bonito é unha cita imprescindible do verán que pon en valor un produto único e que contribúe a dinamizar a economía local, ademais de ofrecer unha oferta cultural rica e diversa para todos os públicos”.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude, Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns que ofrece este parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025”.
Será o martes, 6 de agosto ás 18:30 h. Nesta ocasión, a relatora Ana Filgueiras, arqueóloga e antropóloga, falará sobre estas construcións tradicionais galegas que, alén do seu uso agrícola, agochan significados simbólicos e culturais de gran valor. Filgueiras colabora con universidades e institucións na investigación e difusión do patrimonio inmaterial en Galicia, Portugal, Francia e Suíza. O seu traballo céntrase especialmente nas tradicións, os nomes de lugar e as antigas demarcacións territoriais.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital