Ribadeo, 5 de Agosto de 2025. O pasado 29 de xullo o Concello de Ribadeo tomou posesión dos terreos adquiridos enfronte da Estación de Servizo para construir un novo Centro de Saúde. “Deuse así un paso máis para levar adiante o demencial proxecto de pechar o actual centro, situado no medio do casco urbano e levar este servizo a un km, cos graves atrancos que ten pola longa distancia, as rotondas, o mal estado dos viais e outras deficiencias que xa temos denunciado”. Ainda onte “fixemos un reconto, ás doce da mañan, dos vehículos que pasan por esa zona e puidemos comprobar que chegan aos 24 por minuto, ou sexa cáseque un por cada dous segundos. Imaxínense o que será engadir outros 400 ou 500 automoveis entrando e saíndo todas as mañáns dos días de diario”.
“O Sr. Alcalde foi advertido repetidamente desta situación, pero non hai maneira ate agora de que entre en razón, nin el nin a Xunta de Galicia, promotora desta desfeita que traerá moitos inconvintes ás persoas usuarias. Ainda máis, o Sr. Alcalde chegou a declarar que así estaba mais perto de Burela. Con ese razoamento poderíano poñer na Devesa, e así, os terreos sería aínda máis baratos. Nas pasadas semanas o noso colectivo repartiu no mercado e na vila unhas mil follas informativas sobre esta custión, comprobando o pouco informados que están @s veciñ@s e tamén a rexeita que subscita este proxecto en algunhas das persoas máis sensibilizadas”.
Por outra banda, “os informes económicos, tanto da Intervención do Concello de Ribadeo, como da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia ao cumprirse dous anos deste goberno municipal, revelan que a situación económica está marcada por unha xestión moi deficiente, cunha débeda que excede en gran medida a capacidade do concello e que “incumple o obxectivo de estabilidade presupuestaria polo que debe adoptar medidas en relación coa non disponibilidade do fondo de continxencia”. “Segundo Facenda da Xunta existe unha débeda comercial pendente de tramitación por un importe de 952.791,76 euros, o cal non conta con crédito adecuado e suficiente, segundo o informe técnico do Servizo de Intervención do propio concello. Para calquer observador/a obxectiv@ folga subliñar que a situación debe ser verdadeiramente caótica cando estes informes de funcionarios titulados, non de particulares nin de partidos políticos, chegan a expresarse en termos tan rotundos. Ou sexa o concello está levando uns gastos desproporcionados e descontrolados e ainda pretende mercar uns terreos para construir un novo centro de saude absolutamente innecesario, a un km do actual e do casco urbano. Non ofenderemos á intelixencia do lector ou lectora con máis comentarios, nin poñeremos por escrito o que pensamos por un principio de cortesía coas institucións democráticas que non deberan ser chapuzadas polas decisións políticas dos ocupantes conxunturais. So engadiremos que esto é o que se sabe con documentación oficial a día de hoxe, pero quedaremos á espreita do que vaia saíndo”
Outros temas que poderían ser de interés para a veciñanza son os seguintes:
Moitas das taboas do asento do parque infantil teñen as cabeceiras desfeitas e soltas e os tornillos que as suxeitan andan por alí bailando, o que supón un risco para os centos de nenos e nenas que por alí xogan a cotío. “O tema podería ser comprensible en xaneiro pero deixa en moi mal lugar á política de conservación e mantemento do concello nun asunto tan sensible e ainda máis en plena tempada de vacacións”.
No parque infantil do barrio de San Miguel confirmouse “a desfeita prevista e proxectada pola alcaldía. Arrancáronse os setos de aligustre que non prexudicaban a ninguén e aínda protexían de posibeis caídas e daban verdor á contorna, para ser substituidos por un valado de madeira que non era incompatible cos mazizos e que nalgún punto pode ser ata perigoso”.
Na rúa Luz Pozo Garza hai oito árbores ornamentais da variedade cercis silicuastrum, “unha fermosura cando medren, se chegan a fecelo. Resulta ser que un xa está seco, con toda evidencia por falla de rego xa que veñen dos viveiros con bo cepeiión e non soen fallar. Dos outros sete, catro están medio dobrados por medrar no seu tempo e non substituise os tutores por outros máis axeitados e suxetarse como é debido, e naturalmente se non secan antes, en pouco tempo os restantes seguirán o mesmo camiño”.
“Sobran comentarios, seguiremos informando e aceptamos que nos retruquen, pero aquí so se expoñen datos verificables e documentos oficiais”.


























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



