Cervo, 25 de marzo, 2021. O Concello de Cervo foi o escenario esta mañá da presentación dunha innovadora solución para a xestión forestal con drons artellada por un consorcio de empresas gal... Ler máis
Cervo, 22 de marzo, 2021. Con motivo do Día Forestal Mundial-Día da Árbore, o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, programou unha actividade didáctica entre o alumnad... Ler máis
Cervo, 19 de marzo de 2021. O Concello de Cervo eximirá á hostalería do pago dos recibos da auga do lixo, do saneamento e das terrazas finalmente durante 14 meses, 2 máis dos previstos inici... Ler máis
Cervo, 17 de marzo, 2021. O vindeiro domingo, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial-Día da Árbore; unha data tradicionalmente marcada no calendario da delegación de Medio Ambiente... Ler máis
Cervo, 13 de marzo de 2021. O Concello de Cervo vén de reforzar substancialmente a iluminación na zona de xogos da Praza dos Campos e da céntrica rúa Beiramar, en San Cibrao, coa instalación... Ler máis
Cervo, 12 de marzo de 2021.- O Concello de Cervo e as Escolas Deportivas de Lourenzá veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo “de promover a práctica do atletismo, que tan ar... Ler máis
Cervo, 11 de marzo de 2021. O Concello de Cervo está a realizar estes días tarefas de control e eliminación da Acacia Melanoxylon, unha especie procedente do sueste de Australia e Tasmania a... Ler máis
Cervo, 8 de marzo, 2021. Este 8 de marzo queremos dedicarllo a todas as Mulleres de Cervo logo dun ano especialmente difícil no que ELAS demostraron, unha vez máis, a súa forza, a súa valent... Ler máis
O Concello de Cervo presenta o concurso virtual programado con motivo deste 8 de Marzo, Día da Muller: Que muller che inspira?. Explica cal é a muller que che inspira dunha forma creativa (f... Ler máis
Un dos actos principais programados para este 8M, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do concello. A particular homenaxe neste 8 de marzo vai para Mari, Angelines, Victo... Ler máis
Cervo, 4 de marzo, 2021. As delegacións de Muller e de Educación, que dirixen Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, programan para este mes de marzo unha serie de actividad... Ler máis
Cervo, 25 de outubro. O Concello de Cervo está a acometer estes días obras de mellora e renovación da rede de abastecemento de auga do núcleo de Cervo, en concreto na rúa Xosé Álvarez, no t... Ler máis
CERVO .- O I Trofeo Balonmán Concello de Cervo disputarase o 6 de setembro, no pavillón municipal de A Veiga, as cinco da tarde. Será na modalidade de 3 en 1 e competiran os equipos de prime... Ler máis


















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



