Nota de prensaMEDIO AMBIENTE INVESTIRÁ 235.400 EUROS NA CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL DE 1,2 QUILÓMETROS NA LOCALIDADE DE ALFOZ * A actuación pretende mellorar a seguridade da estrada LU-16... Ler máis
Os martes, días 10, 17 e 24 de agosto na praza de Ferreira terán lugar unha serie de xogos, destinados a entreter os nenos de mais de 5 anos, os xogos serán rocodromo, xogos celtas, festa da... Ler máis
O VALADOURO .- Ferreira de O Valadouro celebra o sábado 27 o Mercado Tradicional con un amplo e variado no que se inclúe a “V Ruta de tapeo de O Valadouro” no que participan 11... Ler máis
O VALADOURO .- Continua aberto o prazo para a inscrición nos postos do Mercado Tradicional de Ferreira de O Valadouro que se vai a celebrar o vindeiro sábado 27 no antigo matadoiro municipal... Ler máis
ALFOZ / FERREIRA .- A asociación Liga Céltiga Galaica (LCG) propón “aos dous concellos do val, Alfoz e Ferreira, a creación dunha zona wifi xeral” co fin de que “a totalida... Ler máis
O VALADOURO .- O director da Escola da Municipal de Música de Foz, Arcadio Mon, presenta en O Valadouro o seu último traballo e interpretará, entre outros os temas “Dous amores”... Ler máis
A consellería de Politica Territorial adxudicou as obras de mellora da estrada LU-162 que comunica o núcleo de Ferreira, en O Valadouro, co de Cangas, no concello de Foz. As obras nesta estr... Ler máis


















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



