A actuación, solicitada á Deputación pola agrupación local, permitiu corrixir puntos perigosos e mellorar a seguridade viaria no municipio Riotorto, 4 de febreiro de 2026. O PSdeG de Riotort... Ler máis
“Queremos lembrarlle a este alcalde do PP que o artigo 14 de Regulamento de organización das entidades locais puntualiza: tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alc... Ler máis
“Nos orzamentos do 2023 o único que medra é o soldo do alcalde”, aseguran os socialistas de Riotorto
Riotorto, 24 de novembro de 2022. Os Socialistas de Riotorto criticaron hoxe o proxecto de orzamentos do PP para o 2023. Advirten de que as contas municipais “non presentan nin un só proxect... Ler máis
O Voceiro Socialista, José García remarcou que “os traballos que se realizaron nestes espazos naturais supuxeron un investimento económico de 39.585 euros” Riotorto, 4 de novembro de 2022. O... Ler máis
Riotorto, 14 de xaneiro de 2022. O Voceiro Socialista, José García avanzou hoxe o voto en contra do Partido Socialista para a compra da parcela por parte do Concello de Riotorto co fin de ce... Ler máis
Riotorto, 29 de setembro de 2021. Os Concelleiros do PSdeG no Concello de Riotorto, José García Freije e Francisco Fernández Veiga, xunto ao concelleiro do BNG, Luís Fernández Fernández, rex... Ler máis





















Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



