Unha obra que pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda. A cita é ás 20h. Reserva de entradas (5 e 3€) en rbg.cul... Ler máis
O sábado, día 11, Viravolta Titeres representa no teatro Pastor Díaz de Viveiro “Historia dun soldado”, ás seis da tarde. A entrada costa 2 euros Ler máis
O sábado día 27 a compañía Teatro do Atlántico pon en escena a obra Afterplay no Teatro Pastor Díaz en Viveiro, as 20.30 h, baixo a dirección de Xúlio Lago, e interpretada por María Barcala... Ler máis
O venres 5 de xuño, ás 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, Nicolás Gómez Naval,trompa; Nelly Iglesias Ríos, piano e Iván Vale Fraga, voz; ofrecen un Concerto para Trompa e Piano.... Ler máis
A banda sinfónica do centro integrado de música Padre Antonio Soler de San Loernzo del Escorial actúa no teatro Pastor Díaz de Viveiro o venres, día 19 de marzo, ás oito da tarde, informa A... Ler máis
Organizado pola Xunta de Confradías de Semana Santa de Viveiro coa colaboración do Concello de Viveiro, o domingo día 14, celebrarase un concerto do coro Amigos de Compostela, ás oito da tar... Ler máis
O sábado, día 27, a compañía Áncora Producións poñerá en escea a obra Colgados, A incrible historia do Homesoga o colgado de Celeiro: Logomono, de de Gustavo Pernas Cora. Será no Teatro Pa... Ler máis
Reparto anticipado do cincuenta por cen do aforo xoves 11 febreiro a partir das 11.00 horas no Teatro Pastor Díaz. O cincuenta por cen restante o sábado 13, a partir das 19,00 horas. Máximo... Ler máis
VIVEIRO .- O teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá no primeiro semestre do ano espectáculos variados dirixidos a todas as idades, polo Pastor Díaz pasarán Caramuxo Teatro, Sarabela Teatro,... Ler máis
VIVEIRO .- O xurado cualificador do VII Premio literario Pastor Díaz de novela acordou por unanimidade deixar deserto o premio “porque ningunha das obras se fai merecedora do premio... Ler máis
VIVEIRO .- O Sábado, 25 de abril a compañía Teatro Galileo poñerá en escena a obra Náufragos, no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro. Náufragos é unha comedia sobre as relacións de parella nunha... Ler máis
O sábado día 21 ás seis da tarde haberá unha sesión de teatro infantil, coa representación de Polgariño a cargo da compañía Artello Teatro. Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



