rehabiltación
Mondoñedo .- A Deputación provincial vai completar a rehabilitación do centro histórico de Mondoñedo, asegurou hoxe o presidente do ente provincial José Ramón Gómez Besteiro durante unha vis... Ler máis
Mondoñedo .- A Deputación provincial vai completar a rehabilitación do centro histórico de Mondoñedo, asegurou hoxe o presidente do ente provincial José Ramón Gómez Besteiro durante unha vis... Ler máis
O Centiño representou a súa comedia "A morte morrida" e os veciños responderon, pois recadáronse máis de 600 euros en efectivo, ademais de varias caixas de alimentos. Todo un éxito. "Dá gusto ver como o teatro afeccionado serve para facer a vida máis divertida e, ao mesmo tempo, máis solidaria".
Só unha delas foi trasladada. O accidente ocorreu arredor das 22:30 horas da noite de onte. O particular que contactou co 112 Galicia indicou que tivera lugar un accidente no quilómetro 25 da AC-564, con dúas persoas atrapadas. O suceso ocorreu ao tratar de esquivar un xabaril. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Eume, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil das Pontes. A dotación de bombeiros axudou a saír do vehículo ás persoas atrapadas. Unha delas precisou do uso do material de excarceración para ser liberada e, posteriormente, ser trasladada polo persoal sanitario.
O Concello ten varias actividades programas para as seguintes semanas, con sesións de cinema, exposicións, unha feira de artesanía, un obradoiro e moito máis. A programación especial continuará o domingo 15 de decembro cunha dobre sesión de cinema na Casa dá Cultura municipal. Ás 17:30 horas dará comezo a sesión infantil, mentres que a de adultos está programada para as 19:00 horas.
Celebrouse no restaurante Terra Mar.
A celebración consistiu na interpretación de varias panxoliñas por parte das voces e dos violíns da Orquestra Municipal de Música de Xove, na praza do Concello, fronte á gran árbore. Os músicos estiveron dirixidos por Xulia Nogueria, mestra da Escola Municipal de Música de Xove. Así mesmo, tamén quedou aberto ó público o Belén Xigante localizado no parque do Concello.
Trátase dunha embarcación de dúas prazas, con materiais e deseño punteiro que, segundo explicou o presidente do club Jesús Carreira, mellora as condicións nas que adestran e compite a entidade xa que, recoñeceu, a igualdade de condicións físicas e técnicas dos e das deportistas, a calidade das embarcacións é moi determinante nas competicións de remo.
Un acendido de luces que estivo precedido dun fermoso concerto a cargo da cantante galega Iria Estévez, cunha versión especial de Nadal, que amenizou a espera de todas as persoas que na tarde de hoxe se achegaron ata a Praza da Constitución de Vilalba para presenciar o acendido da iluminación de Nadal.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital