- Día do Alzheimer en Ribadeo
Cada 21 de setembro conmemorase o Día Mundial do Alzheimer e desde o Centro de día quixeron deixar a súa pegada no balcón do Concello e a través das verbas recollidas nunha pancarta na que se pode ler Se vivo na túa memoria, non estarei so, para así acompañar a todas as persoas protagonistas deste dia, ás persoas que conviven cada dia con esta doenza. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradece o xesto do Centro de Día co que o Concello de Ribadeo se suma a esta conmemoración.
- Cinco profesores da Escola Municipal de Música de Xove realizaron este xoves un pequeno concerto didáctico no CEIP Pedro Caselles Rollán e no IES Illa de Sarón
Con eles abríronse as actividades do Curso 2023-2024 da Escola Municipal de Música de Xove. Tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música, dado que a preinscrición non remata ata finais deste mes de setembro.
- O alcalde, Dani Vega, asistiu no Ceip Gregorio Sanz a unha actividade desenvolvida polo Club de Buceo Illa Pancha
A través dun documental e dunha charla-exposición achegáronlle ao alumnado os secretos que agocha o fondo mariño da ría. O rexedor agradeceu o traballo realizado por este colectivo “e por ir ao colexio a explicar e implicar aos nenos e nenas no amor polo medio ambiente e polo patrimonio que agocha a nosa ría”.
- Xornada de portas abertas da UNED de Viveiro
Na UNED de Viveiro, na semana do 25 ao 29 de setembro, vanse celebrar unhas xornadas de portas abertas para todo aquel que queira achegarse a coñecer as instalacións.
- A pasada fin de semana celebrouse nos campos de bolos de Lago e de Sumoas (Xove) o Campionato de España de Bolo Celta na categoría feminina e nas modalidades de individual e parellas
Participaron clubs dos concellos de: Tineo, Cangas del Narcea, Gijon, Oviedo, Baiona, Gondomar, Nigran, Riotorto e Xove. En total participaron 29 xogadoras.
- Co concerto de Cazacús este sábado en Burela comeza a tempada en Xebra!
O centro social burelao Xebra! acolle este sábado 23 de setembro, ás 22:30h, o seu primeiro evento deste curso despois dun descanso estival. O grupo Cazacús, da Guarda, ofrecerá un concerto para presentar o seu novo álbum Lume, un LP que mestura reminiscencias de punk británico e rock vasco e galego dos anos 90 e 2000. O centro social abrirá as súas portas a partir das 20:30 horas. A entrada custará 5 euros para as persoas socias e 6 para as non socias.
- Coa chegada do verán arrincaba unha nova edición do Mercado dos Domingos de Ribadeo. Un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos de proximidade directamente ao consumidor final
Conta con 14 postos e cunha oferta moi diversificada de produtos, todos procedentes da zona e onde reinan os produtos da horta pero onde tamén se poden atipar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces ou cervezas artesás. Este mercado alongarase ata o 15 de outubro e dende o Concello hai preparada unha Axendiña con diferentes actividades para dinamizar e por en valor os produtos da zona. Desde o Concello de Ribadeo "animamos a acudir á cita de cada domingo e a consumir produtos de gran calidade". Este 17 de setembro estuvo dedicado ao produto local. Houbo música e o sorteo dunha cesta de produtos de proximidade entre aquelas persoas que fixeron as súas compras no Mercado dos Domingos de hoxe.