- Burela axuda a Valencia
A FEMP, Federación Española de Municipios e Provincias, traslada a petición da Federación Valenciana de Municipios, na que solicita que os concellos que queiran colaborar cos afectados pola DANA recollan auga, leite, alimentos non perecedoiros e produtos hixiénicos. "Se queres axudar, deposita no carro solidario a túa aportación". Os supermercados de Burela xa incluidos na campaña son Eroski Center, Alcampo, Eroski City, Claudio e Froiz. Iranse unindo os próximos días máis supermercados da vila
- Presentación na Libraría Bahía de Foz da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo
O vindeiro mércores día 6 de novembro, a libraría Bahía acolle a presentación da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo. En colaboración coa Asociación Os Bolouros de Foz e a Asociación Micolóxica Lucus de Lugo. Estarán tamén os autores da publicación. Trátase dunha guía sinxela para poder identificar con claridade as especies de cogomelos que podemos encontrar na nosa provincia, moi interesante, por tanto, tanto para quen xa son afecionados á identificación de fungos, coma para quen queren introducirse neste apaixoante mundo.
- Continúan os Brincos de Lecer de Cervo
Este xoves foron con temática de Samaín.
- A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, asistiu este xoves no Castelo de Castrodouro de Alfoz á presentación do libro Dá vila do Castro d’Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia
Esta publicación, que se enmarca na serie Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos do Editorial CSIC, conta cunha introdución dos editores Carlos Baliñas e Carlos Andrés González. Ademais, tamén colaboraron neste traballo de investigación, que afonda na historia e na evolución do municipio mariñán dende o medievo ata a actualidade, Abel Vigo, Aurelia Balseiro, Mª Dolores Barral e Pegerto Saavedra.
- Susto en Celeiro por unha pota esquecida no lume
Unha persoa esqueceu unha pota no lume. Queimouse todo o contido do recipiente e a vivenda encheuse de fume, por iso deberon intervir os Bombeiros de Viveiro, para poder ventilar e garantir a habitabilidade. Ninguén resultou ferido. Tampouco dúas mascotas que estaban dentro do inmoble. Quen avisou ao 112 Galicia ás 13:30 horas de hoxe eran os propios afectados, que vían saír fume da súa casa, situada na Rúa Grande, en Celeiro.
- O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, recibiu este mércores ao presidente da Asociación de Camioneiros do Ortegal, José Fernández
Este colectivo organiza, un ano máis, o V Encontro de Camións, que terá lugar na Alameda ortegana este venres e sábado. O encontro serviu para presentar a camiseta oficial desta quinta edición.
- Minuto de silencio en Cervo
Este xoves gardouse un minuto de silencio ante a Casa do Concello, como xesto símbólico en solidariedade coas familias das persoas falecidas e desaparecidas, e con todas as persoas que resultaron vítimas, dun ou doutro xeito, da devastadora DANA que afectou sobre todo, á Comunidade Valenciana e a Castela A Mancha. As bandeiras tamén locen a media asta en sinal de loito.