Xabier Pardiñas
Aparte da elección do candidato, na III asemblea de Vía Alfoz tamén se ratificou a actual dirección executiva presidida por Efigenia Maseda Alfoz, 17 de novembro de 2022. Na III Asemblea Xer... Ler máis
Aparte da elección do candidato, na III asemblea de Vía Alfoz tamén se ratificou a actual dirección executiva presidida por Efigenia Maseda Alfoz, 17 de novembro de 2022. Na III Asemblea Xer... Ler máis
Ademais o colectivo empresarial sorteará este luns unha experiencia Entre Burbullas e un colgante exclusivo de prata de lei e madreperla, cortesía de Terra Branca. Todas as persoas que fixeron as súas compras para o día da nai no comercio local recibiron papeletas para participar no devandito sorteo, que terá lugar nas instalacións de Acisa. A asociación ribadense felicita ás mamás neste día tan especial: "sabemos que muchas familias celebrarán esta fecha en la hostelería local. Según los datos recabados podemos confirmar que varios establecimientos están completos desde hace días, hecho que nos alegra".
A nova data de celebración será o 12 de maio.
Estefanía Molina Morales é unha voz destacada no ámbito da política e os asuntos internacionais, recoñecida polo seu profundo coñecemento e a súa capacidade para analizar os desafíos e oportunidades que enfronta Europa na actualidade. Na súa conferencia, a xornalista, analista política e escritora, repasará os principais acontecementos que marcaron a historia recente de Europa e ofreceranos unha visión clara e fundamentada sobre os retos que afronta o continente nun mundo cada vez máis interconectado e cambiante. Realizarase online e presencial, o 9 de maio de 18:30 a 20:00 horas.
Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés así como os seus síntomas e efectos e a ansiedade na nosa vida cotiá. Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etc. E na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración. A inscrición permanecerá aberta ata o 22 de maio. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello ou no teléfono 982 55 80 01.
Iria Castro interesouse polo traballo das filloeiras nas pranchas e participou tamén na entrega de premios do Certame de Debuxo e Relato Filloa 2024 no que participaron alumnas e alumnos dos colexios da contorna, e que pretende involucrar as xeracións máis novas nesta tradición. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou na dotación dos galardóns, cun lote de publicacións.
Ao acto asistiron a alcaldesa do Concello de Vilalba, Marta María Rouco; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. A exposición «Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta ata o 25 de maio e poderase visitar de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 h e de 17.30 a 20.00 h, e os sábados de 11.00 a 13.00 h. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.
A Alcaldesa, Efigenia Maseda, emitiu un bando para poñelo en coñecemento da veciñanza. Esta unidade estará situada entre o pavillón e a piscina. Todas as persoas interesadas na inspección poden pedir cita na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 982 309 000. “Conservar este servizo é moi positivo xa que nos permite aforrar en desprazamento para pasar a inspección ás nosas motos e ciclomotores, do que tamén pode servirse a veciñanza doutros concellos” apuntou Efigenia Maseda.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital