09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG reclamou no pleno o sistema de préstamo de libros en Cervo e o remate da urbanización do Faro

19-08-09

NOTA DE PRENSA:
FRONTE A CARENCIA DE INICIATIVA E O PLAXIO DO GRUPO DE GOBERNO O BNG PRESENTOU TRES INICIATIVAS E AGARDABA CONTESTACIÓN A OUTRA QUE O ALCALDE NON SOUPO RESPONDER.

Os nacionalistas reclamaron o mantemento do sistema de préstamo de libros en Cervo e o remate das obras na urbanización O Faro.

Tamén esixiron ao alcalde desculpas públicas pola invasión dunha finca privada en Espiñeirido.

Cervo, 19 de agosto de 2009. O BNG recriminou ao alcalde de Cervo a falla de iniciativa e liderazgo na xestión das alegacións polo trazado da autovia de conexión San Cibrao-Barreiros. Para os nacionalistas o alcalde actuou sempre a remolque neste asunto, chegando incluso a plantexar sospeitas sobre a súa capacidade como alcalde ao ser incapaz, ou non querer, chegar a acordos cos concellos limítrofes que deran maior peso ás alegacións presentadas. Os nacionalistas insisten en denunciar a actitude antidemocrática do alcalde que despois de negarse a levar a pleno a moción do BNG sobre a autovía, foi plaxiada e presentada como proposta da alcaldía.

DIANTE DUN GOBERNO SEN LIDERAZGO NIN INICIATIVA TEN QUE SER A OPOSICIÓN A QUE DE CONTIDO AOS PLENOS.

Coa xestión levada adiante polo Partido Popular co trazado de autovía San Cibrao-Barreiros, a carencia de liderazgo e iniciativa do goberno local quedou ao descoberto; nin o alcalde, nin o vicesecretario provincial do PP e concelleiro en Cervo, José Manuel Balseiro, estiveron á altura das circunstancias, tanto un como outro fixeron mais reunións cos seus compañeiros de partido en Burela que cos veciños do seu concello, para o BNG “non é casual que tanto un como outro manifestaran a conformidade co trazado da autovía en Cervo, sen telo estudado nin falar previamente cos veciños de Cervo, neste sentido os nacionalistas “criticaron a Balseiro por abandono das súas responsabilidades como concelleiro en Cervo para dedicarse a medrar politicamente”

OS NACIONALISTAS SALIENTAN OS TRES ROGOS PRESENTADOS NO PLENO DO LUNS

O BNG presentou tres rogos no pleno do luns, en primeiro lugar instouse ao goberno local a manter a vixencia do acordo plenario que obriga a consignar partidas para manter o sistema de préstamo de libros para os escolares empadroados e que cursen estudos no concello de Cervo; mentres non sexa derrogado o sistema vixente deberían seguir con este sistema, diante da negativa da Consellaría a proseguir co sistema posto en práctica polo bipartito.

Por outra banda instouse ao goberno local a rematar as obras promovidas polo concello na Urbanización O Faro de San Cibrao, tal como denuncian os veciños continúan se poñer en funcionamento varias luminarias que presentan o seu cableado ao ar, ademais pídese a recuperación dunha baranda nas escaleiras de acceso á urbanización e a súa iluminación.

DESCULPAS POLA INVASIÓN DUNHA FINCA PRIVADA EN ESPIÑEIRIDO

O BNG criticou ao alcalde pola actitude cun veciño de Espiñeirido, “actuacións como esta non axudan á convivencia normal entre a administración local e os veciños e son indignas dun alcalde”. Os nacionalista reclamaron ao alcalde, desculpas públicas para a familia á que pola forza e con escolta da policía local lle invadiron a súa finca para abrir un camiño que posteriormente comprobouse era privado.

O ALCALDE NON TRAÍA PREPARADA A RESPOSTA A UNHA PREGUNTA PRESENTADA NO ANTERIOR PLENO SOBRE O SORTEO DAS VIVENDAS SOCIAIS DE RIO COVO.

O Alcalde non traía preparada a contestación a unha pregunta presentada no anterior pleno ordinario, preguntábase polo método mediante que se vai resolver o caso dunha persoa á que previamente lle fora adxudicada unha vivenda social en Río Covo e coa entrega do 10% do aproveitamento urbanístico ao concello, agora queda fora dos adxudicatarios definitivos. O BNG quería saber se esta persoa terá preferencia no caso de efectuarse un novo sorteo e cal será o método utilizado para resolver este problema.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive