NOTA DE PRENSA
Así o explicou o deputado Jose Manuel Balseiro Orol, quen salientou que os novos responsables da Consellería de Sanidade dan solución a unha problemática denunciada en múltiples ocasións desde as filas populares
O PP AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN DESPOIS DE COÑECERSE QUE A REFORMA DA RAMPLA DE ACCESO DO HOSPITAL DA COSTA INCLUIRÁ A CONSTRUCIÓN DUNHA SALA DE ESPERA PARA OS USUARIOS DA RESONANCIA MAGNÉTICA
* Foi necesario un cambio de Goberno na Xunta para facer algo tan sinxelo como buscar unha solución á problemática detectada
* PSOE, BNG e Xunta bipartita sempre defenderon a continuidade dunha sala de espera prefabricada, instalada nun aparcadoiro contiguo ao centro hospitalario.
* O proxecto de reforma da rampla tamén contempla a ampliación da zona de farmacia e de arquivo do hospital, así como a mellora da solidez e impermeabilización destes espazos.
A Mariña lucense, 04 de decembro de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol, amosou a súa satisfacción despois de coñecerse que a reforma da rampla de acceso do Hospital da Costa –obra que ten previsto executar a Consellería de Sanidade neste centro mariñán– incluirá a construción dunha sala de espera para que poidan facer uso dela os familiares e pacientes que precisen ser examinados coa resonancia magnética.
PROBLEMÁTICA DENUNCIADA EN MÚLTIPLES OCASIÓNS
Deste xeito os novos responsables da Administración autonómica dan solución a unha problemática denunciada en múltiples ocasións desde as filas populares. Foi o propio deputado Jose Manuel Balseiro quen, puxo de relevo as deficiencias de accesibilidade dos usuarios do Hospital da Costa ao servizo de resonancia itinerante . En ningunha das ocasións nas que Jose Manuel Balseiro trasladou este asunto ao Parlamento de Galicia logrou o apoio dos grupos nacionalista e socialista que entendían improcedente dar solución a estas deficiencias. Tampouco a Xunta bipartita fixo nada para evitar que continuasen os problemas no traslado dos doentes, pois sempre defendeu a continuidade dunha sala de espera prefabricada, instalada nun aparcadoiro contiguo ao centro hospitalario.
FOI NECESARIO UN CAMBIO DE GOBERNO NA XUNTA
O deputado Balseiro Orol quixo amosar a súa satisfacción pola decisión da Consellería de Sanidade de mellorar este servizo e corrixir estas deficiencias. Subliñou tamén que foi necesario un cambio de Goberno na Xunta para facer algo tan sinxelo como buscar unha solución á problemática detectada e adianta que esta será a primeira de moitas actuacións chamadas a corrixir as deficiencias que o anterior Executivo autonómico permitía e que evidenciaban o desprezo e desatención na que a Xunta bipartita mantiña ao sistema sanitario público da nosa comarca.
OUTRAS MELLORAS
O proxecto de reforma da rampla tamén contempla a ampliación da zona de farmacia e de arquivo do hospital, así como a mellora da solidez e impermeabilización destes espazos.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



