Nota de Prensa
O PP SOLICITARÁ A CELEBRACIÓN DUN PLENO EXTRAORDINARIO PARA OBTER EXPLICACIÓNS PÚBLICAS SOBRE A CRISE DO GOBERNO DE GARCÍA RIVERA
* Empraza ao Bloque Nacionalista Galego a apoiar esta petición en interese dos veciños e ante a evidente situación de ingobernabilidade na que se atopa o Concello.
Foz, 04 de decembro de 2009.- O Partido Popular de Foz solicitará a celebración dun pleno extraordinario da Corporación Municipal para obter as explicacións públicas oportunas sobre a crise de Goberno que propiciou o Alcalde, Jose María García Rivera, despois de cesar ao seu número dous de todas as súas funcións.
Os populares demandarán non só que explique as razóns nas que se fundamenta a perda de confianza do rexedor municipal no seu concelleiro senón tamén os motivos polos que falou de que esta decisión tiña como obxecto “velar pola honorabilidade do concello”. Non parece procedente que se fagan afirmacións de esta gravidade e se neguen aos veciños das explicacións oportunas.
Ao mesmo tempo desde o Partido Popular convidan ao Bloque Nacionalista Galego a apoiar esta petición en interese dos veciños e ante a evidente situación de desgobernanza na que se atopa o Concello de Foz, cun Executivo en minoría, que ademais agora podería perder o apoio dun dos concelleiros socialistas.

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



