BURELA (FNC) .- O barco museo Reina del Carmen ven de renovar todos os seus soportes informativos e de actualizar a súa imaxe identificativa, segundo informa hoxe a Delegación de Industria, Comercio e Turismo. O edil José González Legazpi sinala que “algúns deses soportes precisaban das necesarias reparacións de mantemento e outros da súa definitiva substitución por atopárense en condicións de apreciable deterioro”.
O concelleiro nacionalista manifesta que “si de forma continuada se veñen facendo importantes actuacións no ámbito do mantemento do barco museo Reina del Carmen para posibilitar a súa funcionalidade de modo axeitado en tanto que representa un activo turístico e formativo importante, e que se teñen concretado na súa operatividade mecánica, xunto coas condicións de estanqueidade e amarre,así como a súa reparación xeral en asteleiro, corresponde agora actualizar e definir os seus soportes informativos e identificativos”.
O responsable da Delegación de Turismo explica que “renóvase por tanto non só o material por atoparse deteriorado, se non que tamén se aproveita esta circunstancia, para dotar ao barco museo da necesaria identificación vencellada ao mundo mariñeiro, conforme corresponde ás condicións do mesmo e á súa importancia turística e divulgativa dentro das características propias e representativas da tradición mariñeira de Burela e mesmo dunha parte importante da nosa historia”.
José González Legazpi suliña que “atópase por tanto renovada a imaxe do barco museo Reina del Carmen ao dotarse de soportes identificativos que mateñen uniformidade coa imaxe corporativa de Burela representanda en tonos, fondos e deseños conforme ás características mariñeiras como algo esencial e histórico do noso concello, ao tempo que trasmiten unha axeitada vistosidade que conforma pasado e modernidade e que nos lembran tamén o dinamismo e desenvolvemento que favorecen a potencialidade de Burela”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



