SAN CIBRAO .- A asociación Mar de San Cibrao pretende “recuperar unha tradición perdida hai case un século na comarca de A Mariña” para o que construirá unha embarcación traiñón “segundo a tradición construtiva acumulada durante décadas nos estaleiros sancibrenses”, aseguran desde a asociación.
Nota de Prensa
MAR DE SAN CIPRIÁN RECUPERA COA CONSTRUCCIÓN DUNHA EMBARCACIÓN “TRAIÑÓN” UNHA TRADICIÓN PERDIDA HAI CASE UN SÉCULO NA COMARCA MARIÑÁ
* A embarcación comezarase a construír en breves meses nos estaleiros de Francisco Frá
* Con dez metros de eslora, esta réplica contará con cinco remos por cada banda
* O traiñón foi unha tipoloxía constructiva e operativa que deu puxanza á pesca mariñá e galega durante o século XIX e comezos do XX.
San Ciprián. 15 de febreiro de 2010.- A asociación “Mar de San Ciprián” deu comezo ao desenvolvemento dun proxecto constructivo que os levará a dispor dunha embarcación tipo “traiñón”. Este barco será construído en madeira segundo a tradición constructiva acumulada durante décadas nos estaleiros sancibrenses. Neste caso, será Francisco Frá, derradeiro carpinteiro de ribeira en activo nesta comarca, o encargado da súa construcción.
Francisco Frá xa comezou o deseño e elaboración desta embarcación co trazado do deseño básico e a formulación da montea. Así mesmo, xa dispón da maqueta, coa que deu trazado ás liñas que servirán para enxergar as cadernas da nave. Estes traballos deron comezo grazas a axuda económica recibida desde á Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, e que ascendeu a 2.525 euros.
Esta embarcación estará construída en madeira de carballo e pino do país, ao entender que estas madeiras recuperan a verdadeira fórmula constructiva autóctona e se adaptan de forma plena á recuperación etnográfica de embarcacións típicas que este Concello quere facer mediante esta actuación. Do mesmo xeito, tamén se empregará o lenzo para a confección das velas, así como o sisal e a abacá para os cabos e aparellos do velame.
Para tal fin tamén se recuperarán as formas constructivas propias desta embarcación, xa que se dotará dunha proa rodada e fina para favorecer as manobras, ao xeito das antigas, e se lle dará maior forma a popa, co gallo de recuperar a forma denominada chea, con motivo de dotar á embarcación de máis arqueo á popa, debido ao peso do aparello que lle da nome á lancha.
As dimensións da embarcación serán 10 metros de eslora, 2,40 metros de manga e 1,10 metros de puntal. Asemade, e para recuperar de xeito fidedigno esta tipoloxía de embarcación, a nave estará propulsada por dez remos, cinco por banda, aos que se engadirán dous paos – mastros con velas ao tercio, sendo a de popa de maior tamaño. Tamén se construirá un temón de maior puntal que a lancha, de forma que axude ás manobras, correspondendo o goberno a un décimo primeiro remo no caso de navegación mediante boga.
A asociación “Mar de San Ciprián” ten entre os seus obxectivos a conservación e recuperación do patrimonio marítimo mariñao en xeral e sancibrense en particular. Entre outras citas e iniciativas, levan xa representado o patrimonio marítimo – pesqueiro mariñao nos VII e IX Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrados en Ferrol e Muros nos anos 2007 e 2009.
Desde a asociación sancibrense queren agradecer publicamente a achega concedida desde a entidade provincial, e agardan contar co apoio doutras administracións para conseguir avanzar as diversas fases constructivas que a embarcación agora iniciada.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



