12 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Ribadeo pídelle á poboación que extreme as precaucións diante a chegada do temporal

26-02-10

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo pídelle á poboación que extreme as precaucións diante da chegada dun fenómeno metereolóxico adverso previsto para a tarde noite de mañá sábado.

Fernando Suárez demándalles “aos veciños e veciñas deste concello, tanto da vila como das parroquias que teñan un cuidado extremo mañá. Aos que vivan na vila que se absteñan no posible de saír á rúa porque pode haber despredementos de lousas ou de tellas, aos que teñan macetas que poidan caer á vía pública pídolles que as retiren para dentro e aos que viven nas parroquias que teñan especial coidado coas árbores que están preto das vías públicas, tanto nas pistas como nos camiños públicos, que teñan moita precaución porque si este ciclón chega, como moitos pensan, é probable que caian árbores como o ano pasado e teñamos que lamentar algún tipo de incidente grave”.

O rexedor contactou esta mañá co tenente da Garda Civil de Ribadeo e deu instrucións “aos voluntarios de Protección Civil, que ainda que non teñen a obriga de estar operativos sí que lles pido que estean durante toda a xornada de mañá tanto de día como de noite, e tamén á Policía Local de Ribadeo aínda que o sábado ten servizo de noite para que redobre os esforzos. A ver se entre todos vemos pasar esto sen que nada nos afecte e si por desgracia nos afecta que esteamos o mellor preparados posible”.

Suárez Barcia insistiu en pedirlle aos ribadenses que “desgraciadamente xa teñen experiencia neste tipo de situacións que non anden por fora, que se despracen só en caso de extrema necesidade e ogallá que o luns, á volta da fin de semana, poidamos dicir que aquí nada pasou”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive