25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os talleres para os maiores do Concello de Burela contan con gran acollida e a ximnasia acoden 60persoas

15-04-10

BURELA (FNC).-  A concelleira de Benestar Social amósase moi satisfeita pola alta participación que rexistran os talleres organizados para os maiores de Burela.

Neves Cando sinalou que “o taller de ximnasia preventiva, que xa comenzara en febreiro, continúa agora ata finais de ano e nel participan 60 persoas dúas horas á semana. De cara ao verán coa mellora do tempo este obradoiro complementarase con actividades ao aire libre e exercizos nos parques biosaludables”.

A edil nacionalista explicou que “tamén comenzou xa o obradoiro de coidados persoais para dependentes, hai matriculadas 20 mulleres que aprenderán todo o relacionado cos coidados e co aseo das persoas dependentes dende o lavado e o corte do pelo ata tratamentos de pedicura e manicura. Este curso desenvolverase ata finais de maio”.

A responsable de Benestar Social engadiu que “outros talleres que xa se puxeron en marcha son os de memoria e envellecemento saudable. Máis de 40 persoas comenzaron cada día da semana distintas actividades como talleres literarios, arteterapia, adestramento da memoria, habilidades sociais… que contribuirán á mellora da súa calidade de vida actual e á prevención de cara ao futuro. Estes dous obradoiros seguirán ata finais de ano”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive