SAN CIBRAO .- Queremos Galego recolleu no mercado de San Cibrao sinaturas e anunciou que o festival “Música contra o decretazo” disporá dunha fila cero para aquelas persoas que queiran apoiar o evento e non poidan asistir. A sección mariñá da Plataforma Queremos Galego continúa a campaña social de recollida de sinaturas para a presentación dunha Iniciativa lexislativa Popular co obxectivo da presentación dunha Proposición De Lei no Parlamento de Galiza que pretende anular o proxecto de Decreto de galego no ensino que elaborou a Xunta de Galiza coa intención de aprobala antes de que remate o actual curso escolar.
NOTA DE PRENSA
Queremos Galego recolleu no mercado de San Cibrao sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular a prol do galego no ensino
Queremos Galego anunciou que o festival “Música contra o decretazo” disporá dunha fila cero para aquelas persoas que queiran apoiar o evento e non poidan asistir
A sección mariñá da Plataforma Queremos Galego continúa a campaña social de recollida de sinaturas para a presentación dunha Iniciativa lexislativa Popular co obxectivo da presentación dunha Proposición De Lei no Parlamento de Galiza que pretende anular o proxecto de Decreto de galego no ensino que elaborou a Xunta de Galiza coa intención de aprobala antes de que remate o actual curso escolar.
Representantes da Plataforma recolleron sinaturas no mercado de San Cibrao explicando e dando a coñecer a súa proposta e facendo un chamamento a apoiar a ILP xa que so dende a mobilización da sociedade seremos capaces de virar as intencións dos actuais gobernantes da Xunta de Galiza de retrotraer a tempos pretéritos os avances nos dereitos lingüísticos no noso país.
A plataforma cidadá considera un autentico escándalo a posición do goberno galego coa súa proposta lingüística na medida que a mesma está a xerar unha gran discordia no conxunto da comunidade educativa e da sociedade galega así como tamén pola súa teimosía en tentar aplicar un decreto que xa recibiu o rexeitamento do profesorado, representantes do profesorado, alumnado, pais e nais, universidades, traballadores/as de normalizacións lingüística, equipas de normalización lingüística, expertos doutros países, editores, ILGA, RAG, Consello da Cultura Galega, etc. Os e as representantes de Queremos Galego consideraron especialmente grave que a Xunta pretenda introducir unha modificación lexislativa coa oposición do Consello escolar de Galiza, máximo órgano de representación da comunidade educativa galega, ao tratarse da primeira norma na historia de Galiza que se aproba no ensino coa oposición do Consello Escolar Galego.
Queremos Galego vai organizar recollidas públicas de sinaturas no conxunto das vilas da Comarca e tamén en eventos sociais como a Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto. No mesmo obxectivo anunciamos a todas aquelas persoas que desexen prestar o seu apoio a iniciativa que se poñan en contacto coas asociacións que forman parte da plataforma para asinar esta ILP.
Por último desde Queremos Galego informaron que o vindeiro Sábado 17 de Abril vaise celebrar en Pontevedra un festival polo galego no que participarán 17 grupos da escena musical galega para expresar o seu rexeitamento ao decreto lingüístico da Xunta de Galiza. Os grupos que van participar no mesmo son do máis diverso e acollen unha ampla representación do mundo musical galego e entre eles atópanse formacións como Luar na Lubre, Berrogüeto, Roi Casal, Fuxan os Ventos, A Quenlla, Ruxe Ruxe, Uxía Senlle, Susana Seivane, Nordestinas, Tino Baz, etc. Os e as representantes de Queremos Galego lembraron que para asistir a este festival aínda se poden mercar entradas a prezo anticipado de 10 euros en diferentes locais da comarca da Mariña ou na web da plataforma www.queremosgalego.org , no caso do concello de Cervo no Caseto de Copa en Cervo.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



