RIBADEO (FNC) .- O alcalde agarda que o Ministerio de Fomento licite xa a reparación integral da N-642 entre Ribadeo e Vegadeo, dado o estado lamentable e perigoso que presenta.
Fernando Suárez lembra que “lévase xa moito tempo reivindicando o amaño da N-624 entre A Veiga e Ribadeo. Este tramo está feito, por decilo vulgarmente, unha porquería. Sabemos que aquí o pleno do Concello xa se pronunciou algunha vez, incluso houbo algún rogo dalgún grupo da oposición requerindo que se demandase ao Ministerio de Fomento o arranxo inmediato da estrada, pero o certo é que o tempo foi pasando e este vial é un perigo para os turismos, para os vehículos industriais, para os motoristas, para os ciclistas… porque o seu firme atópase nun estado lamentable”.
O rexedor valora “moito que un dos deputados do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, veña de presentar no día de hoxe unha serie de preguntas ao ministerio para saber si ten pensado arranxar o firme da N-642 e si será antes de que remate este ano 2010. Nós somos conscentes de que hai tramos da N-640, que empeza en Porto e vai por Meira e Lugo ata Vilagarcía de Arousa, que se están amañando na zona de A Pontenova, pero hai outros que fan unha misión imposible circular entre Ribadeo e Lugo por eses viais indo por Meira”.
Suárez Barcia insiste en que “é moi perigoso transitar polo treito comprendido entre Ribadeo e Porto e agardo que o Ministerio de Fomento licite dunha vez por todas a reparación integral deste tramo tan importante para Ribadeo e para os veciños da comarca, tanto os da Mariña de Lugo como os do Occidente asturiano”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.