15 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Consellería de Cultura e Turismo leva a Viveiro a exposición “Viñetas Descubertas” e “Miña Terra Galega”

18-08-10

Nota de Prensa

Ata o próximo 31 de agosto  a Sala Multiusos do  Concello de Viveiro
acollerá as exposicións ‘Viñetas Descubertas’ e ‘Miña Terra Galega’,
organizadas pola Consellería de Cultura e Turismo.

Estas mostras conforman unha escolma do mellor cómic galego dos últimos
anos, xa que obtiveron unha magnífica acollida na última edición do Salón
Internacional do Cómic de Barcelona e nas Xornadas da Banda Deseñada Galega
en Ourense.

A exposición ‘Viñetas descubertas’ é unha panorámica de 32 obras realizadas
por autores gañadores dos galardóns máis importantes deste últimos anos,
como Mariano Casas, Juan Luis Pérez, Jano, Marcos Calo, Cosme, David
Rubín -encargado da elaboración do cartel oficial de Ficomic 2009-, Jacobo
Fernández, Martín Romero e Antonio Seijas.

Mentres que a mostra ‘Miña Terra Galega’ resume a visión de oito dos
creadores, actualmente en activo na nosa terra, sobre os tópicos e temas
relacionados con Galicia, desde a paisaxe ou o marisco ata a música ou as
fantasías populares. Alberto Guitián, Diego Blanco, Kiko da Silva, José
Domingo, Alberto Vázquez, Emma Ríos, Iván Suárez e Manel Cráneo son os
autores representados na mostra a través de historietas de cinco páxinas
creadas expresamente para o certame de Barcelona.

Horario de 10.00 a 14.00 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive