Nota de Prensa
40 asociacións de base organizan un encontro cultural da Mariña e a Terra Chá.
Riotorto acolle o último fin demana de Setembro a Feira da Cultura
O vindeiro 24,25 e 26 de setembro o Concello de Riotorto vai acoller un encontro cultural organizado por máis de 40 asociacións culturais da Mariña e da Terra Cha, baixo o título de Feira da Cultura, que ten como obxectivo ser un espello do traballo desenvolto polo movemento cultural de base así como divulgar entre a poboación o traballo de creación nos diferentes ámbitos culturais.
As asociacións organizadoras con estas xornadas queren poñer en común as iniciativas que veñen poñendo en marcha individualmente, verificar que é posibel e tamén necesario articular un espacio de referencia para unha cultura non mercantilizada e non dependende das axudas públicas e contrastar as potencialidades de sumar sinerxias e de que o movemento cultural galego tire nunha mesma dirección desde a súa diversidade sobre os seus campos de traballo. Neste sentido cómpre destacar que ás máis de 50 actividades que se van a desenvolver no derradeiro fin de semana de setembro fanse sen nengún tipo de axudas públicas e fan ser financiadas a traves da venda de bonos e das aportacións dos propios colectivos culturais. Os colectivos que participan nesta xornada cubre un amplo abano do movemento asociaciativo, desde grupos feministas (Observatorio Mariñán pola Igualdade), defensa do patrimonio (Mariña Patrimonio ou Arrincadeira de Riotorto), deportivasLiga Nacional de Billarda ou Clubes de Bolos), ecoloxistas(ADEGA…), xuvenis(Chilindrín,Galiza Nova…), lecer(Irmandade de San Caetano) ou culturais(A Pomba do Arco, Buril, Francisco Lanza, Ollomao, Emedemeira…).
A diversidade das asociacións convocantes vai ter tamén a súa plasmación nas actividades a desenvolver nas que se misturan desde a presentación de libros, a obradoiros de sexualidade, roteiros polo patrimonio e o medio natural, concertos, recitais poéticos, representación teatrais,proxedicción de curtas de creación e tamén de documentais,exposicións das asociacións ou de novos creadores, competicións de xogos tradicionais, animación de rúa, venta de libros e musica galega, ou conferencias. Algúns dos participantes nas actividades destas xornadas serán persoas recoñecidas do panorama cultural galego como Mini e Mero, Susana Seivane, Pilar García Negro, Uxía Pedreira, Xavier Baixeras, Miguel Anxo Fernán Vello, Luisa Castro se ben o auténtico protagonista do evento van ser os novos creadores, as asociacións culturais e as xentes da Mariña, da Comarca de Meira e da Terra Cha que son a base material que sustentan este corpo que nos chamamos cultura galega.Neste sentido queremos lembrar que a Praza das Rodrígas en Riotorto acollerá stands de todas as asociacións participantes que expoñerán material coas actividades que desenvolven e asemade queremos convidar ao conxunto do movemento asociativo galego a que se sume a esta actividade, poñendose en contacto con nós para colocar un posto da súa entidade se así o desexan.
As entidades convocantes queren desde xa convocar a toda nosa poboación a participar desta actividade que pretende ser unha mostra da viveza da cultura galega, da necesidade dun forte movemento cultural onde a sociedade xogue un papel protagónico fronte á cultura progromada que opere como un amnesico convertido ao cidadán en expectador, da seguridade de que un tecido cultural de base activo é a garantía de futuro para a cultura galega e tamén para os que formamos parte dese corpo cultural.






















Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



