19 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Colectivo A Sombriza de San Cibrao organiza un concurso de fotografía dixital

08-09-10

Nota de Prensa

A SOMBRIZA CONVIDA AOS MARIÑÁNS A  FACER DE “CRITICOS” NO SEU CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Ata o vindeiro domingo 19 de setembro permanece aberto o prazo de envio de fotografías para todos aqueles que queiran participar no concurso organizado pola asociación cultural A Sombriza. O fallo do xurado farase público o martes día 21, e os gañadores nas  distintas categorias (maiores e menores de 18 anos) recibirán un agasallo valorado en 100 euros e un diploma acreditativo.

O colectivo cultural quere a través deste concurso fotográfico con imaxes de praias da nosa comarca concienciar da beleza destas paraxes e promover así a conservación, respecto e posta en valor dos nosos areais.

A Sombriza fai un chamamento á participación da xente,  ben enviado un máximo de tres fotografía ao enderezo electrónico asombriza@yahoo.es ou comentando as distintas imaxes que vaian chegando, opinando  sobre a que máis pode gustar, ou sobre a que farían gañadora do concurso. A fórmula para os que queiran facer de  críticos é moi sinxela: a través da páxina que a asociación A Sombriza ten na rede social Facebook, onde colgan  estas imaxes, abertas a todos os usuarios.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive