23 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pecha a segunda tempada de Eido Dourado en Barreiros

15-09-10

NOTA DE PRENSA:
O VINDEIRO DOMINGO PÉCHASE A SEGUNDA TEMPADA DO EIDO DOURADO EN BARREIROS. AS INSTALACIÓNS PODERÁN VISITARSE NOS VINDEIROS MESES PREVIA CITA TELEFÓNICA.

Barreiros, 15 de setembro de 2010. O vindeiro domingo 19 de setembro pecharase a segunda tempada do Eido Dourado en Barreiros, aínda que se poderá visitar nos vindeiros meses previa cita no teléfono 982 12 44 51. O seu autor, Celso Dourado, amósase satisfeito coa acollida que segue a ter entre os visitantes e asegura que se mantivo a cifra do ano pasado, unhas 3.000 persoas se pasaron polo Eido Dourado desde o mes de xuño.
Dourado dixo que “a valoración desta segunda tempada é tremendamente positiva xa que supón a consolidación e o asentamento dun espazo cultural no medio rural, algo non habitual. A xente que visitou as instalacións o ano pasado repetiu nesta nova tempada nunha grande maioría para coñecer as novidades e ao mesmo tempo arrastrou a moita máis xente con eles”.
O artista barreirense sinalou que “houbo visitantes de toda a península ibérica, incluido Portugal, e ao mesmo tempo unha porcentaxe moi interesante de cidadáns extranxeiros holandeses, alemáns e ingleses. Esto débese á presencia do Eido Dourado coma un referente tanto en guías turísticas como de viaxes”.
Celso Dourado subliñou que “o Eido Dourado sempre o concebín coma un espazo alternativo e de renovación constante. Pódese chamar museo vivo, xa que todos os anos me propuxen o reto de renovar a exposición pictórica na súa meirande parte. Para esto precísase un novo tempo de traballo en soidade, en tranquilidade que che permita facer novas creación e aportacións pictóricas e estéticas para ofrecerlle as novidades ao público no vindeiro verán”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive