20 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta dotou de banda larga para acceso a internet ao parque empresarial de Lourenzá

19-12-10

Nota de prensa

O Plan posibilitará  o acceso á internet de calidade a todos os polígonos industriais e parques empresariais con carencias de cobertura

O PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ XA DISPÓN DA POSIBILIDADE DE ACCESO A INTERNET GRAZAS AO PLAN BANDA LARGA DA XUNTA DE GALICIA

* Telefónica xa está  a comercializar o servizo de banda larga no parque empresarial de Lourenzá  como resultado da actuación para a extensión de redes fixas nas zonas carentes de servizo do Plan Banda Larga
* A velocidade mínima que oferta o operador será de 6Mbps de velocidade de baixada e 640 Kbps de subida

Santiago, 19 de decembro de 2010.- O parque empresarial de Lourenzá, no Concello de Lourenzá, xa dispón da posibilidade de acceso ao servizo de banda larga de calidade grazas ao Plan levado a cabo pola Xunta de Galicia. Este parque empresarial atópase no ámbito territorial da actuación de extensión de redes fixas de alta capacidade do Plan Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta a través da Secretaría Xeral de Modernización. Esta actuación facilitará o acceso a internet a máis de 80.000 persoas de 398 núcleos de poboación así como á maior parte dos servizos públicos sen banda larga e aos parques empresariais e polígonos industriais con carencias de cobertura.

Para levar a cabo esta acción, a Xunta de Galicia concedeu unha axuda para a extensión de redes fixas ao operador Telefónica por un importe de case 6 millóns de euros cos que consigue mobilizar un orzamento total de case 35 millóns de euros entre capital público e privado.

Servizo ofertado

A solución ofertada por Telefónica  no parque empresarial de Lourenzá emprega redes fixas de alta capacidade prestando un servizo mínimo de 6 Mbps de velocidade de baixada e 640 Kbps de subida.

Ademais, antes da fin de 2010 establecerase a velocidade de 10 Mbps de baixada como oferta de referencia sen variacións nas tarifas, desenvolvendo unha oferta a prezo máis reducido en caso de que non sexa posible ofertar os 10Mbps.

Obxectivos do Plan

Antes de que remate o ano en torno a 250.000 galegos que carecían de cobertura terán a posibilidade de acceder á Internet de calidade grazas ao Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013, reducindo nun terzo a poboación da Comunidade que non dispoñían de acceso á Rede.

Ademais, o despregamento de redes do Plan é clave para proporcionar as infraestruturas que permitirán avanzar na administración electrónica e en proxectos innovadores en ámbitos como a sanidade, a educación e a xustiza.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive