23 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta presentou un borrador “do proxecto turístico da Mariña” que redacta unha consultoría

22-12-10

Nota de prensa

RAQUEL ARIAS REÚNESE CON REPRESENTANTES DE CONCELLOS E ENTIDADES TURÍSTICAS DA MARIÑA PARA AVANZAR NO PLAN DE COMPETITIVIDADE DO SECTOR

A Xunta traballa na elaboración do proxecto que singularice a oferta da zona, multiplique os seus atractivos e potencie a imaxe integrada deste territorio como destino

Xove, 22 de decembro de 2010.- A  delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo con representantes dos concellos e de entidades relacionadas co sector turístico da Mariña. O obxectivo da xuntanza foi o de recabar as aportacións que tanto as institucións como o sector considerasen oportunas ao borrador que a consultoría encargada da redacción do proxecto turístico da Mariña lles presentou durante a xuntanza.

Neste encontro, no que participou tamén o xefe territorial de Cultura e Turismo, Xosé Carlos Rodríguez Andina,  deuse conta dos avances conseguidos despois dunha primeira fase informativa que recolleu os puntos de vista dos distintos axentes clave do sector  -hostalería, asociacións, concellos…-.

Este material integrouse nun primeiro borrador do documento, que se elabora a instancias da Secretaría Xeral para o Turismo e responde ao compromiso expreso realizado hai algúns meses pola secretaria xeral, Carmen Pardo, durante a súa visita á Mariña.

En orixe, a Xunta pretendía optar con esta iniciativa –un plan para a Mariña luguesa- ao programa de competitividade do sector turístico que convoca anualmente o Goberno central. Pese a que esta liña non foi habilitada no presente exercicio, a Secretaría Xeral para o Turismo decidiu culminar a proposta, para en calquera caso intentará sumar todos os apoios posibles.

A delegada destacou o importante labor que se leva feito, identificando as fortalezas e as debilidades da proposta turística da Mariña, e centrou a reunión de hoxe naqueles puntos que será preciso potenciar para “situar a este territorio no lugar que merece polos seus valiosos atractivos turísticos”.

Arias propuxo que o plan estratéxico “singularice a oferta da zona, multiplique os seus atractivos e potencie a imaxe integrada deste territorio como destino”. A delegada fixou estes obxectivos xenéricos ante alcaldes e representantes dos distintos concellos mariñaos así como membros de asociacións involucradas no desenvolvemento económico desta área, entre elas a Asociación de Turismo Rural da Mariña.

Incidindo nesta visión global, sinalou a necesidade de “elaborar unha oferta turística integrada para todo o territorio”, que venda “unha imaxe única e á vez diversificada dos numerosos atractivos desta zona, tanto na cosa como no interior”.

“Podemos artellar unha oferta turística moi completa, que combine mar, patrimonio natural e paisaxístico, gastronomía, arquitectura civil e relixiosa, e cultura”, subliñou a delegada, que amosou a súa satisfacción “polos progresos que imos logrando en cada un destes encontros e porque cada vez son máis os colectivos que achegan a súa visión a este proxecto”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive