26 de Marzo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Delegados da CIG presentaron na Xunta 5.233 sinaturas pola readmisión en Sargadelos

29-12-10

Nota de prensa:
5.233 sinaturas pola readmisión en Sargadelos

Hoxe ás 11:30 horas as delegadas da CIG no comité de empresa da Fábrica de Cerámica de Sargadelos fixemos entrega no rexistro da Xunta en Lugo de 5.233 sinaturas que reclamaban a readmisión das oito persoas despedidas tras a aprobación dun ERE no mes de setembro. Na entrega estiveron presentes tamén, xunto aos oito afectados, representantes das executivas da CIG de Lugo e A Mariña.

As sinaturas recolléronse co fin de solicitar da Dirección Xeral de Relacións Laborais que resolva os distintos recursos de alzada que se presentaron hai dous meses contra a resolución da Delegación de Lugo da Consellería de Traballo na que aprobou o ERE de extinción de 26 postos de traballo na empresa cerámica. Amparándose nel a empresa realizou oito despedimentos e o resto quedaron en suspenso cando a Xunta lle outorgou unha axuda dun millón de euros para garantir a viabilidade da empresa.

Na actualidade a empresa ten autorizado outro ERE, pero neste caso de redución de xornada, que afectará á practica totalidade da plantilla durante o ano 2011 e que se acompañará dun plan de prexubilacións. Este ERE foi asinado co comité de empresa tras coñecerse as axudas económicas da Xunta, e coincide plenamente coa proposta que plantexaran no seu momento os sindicatos e que rexeitou a empresa provocando a ruptura da negociación do ERE anterior.

Dende o momento en que se produciron os despedimentos véñense realizando concentracións todos os xoves ás seis da tarde para pedir a súa readmisión, nun primeiro momento convocados polo comité e, dende a aprobación do novo ERE de redución de xornada, son convocados en solitario pola CIG.

Queremos aproveitar para darlle as gazas aos milleiros de persoas que apoiaron coa súa sinatura esta iniciativa e que se posicionaron a favor da readmisión das compañeiras e compañeiros despedidos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive