A asociación de sendeirismo “Paso Miúdo” fará o vindeiro día 27 de maio a ruta: Fraga da Marronda, no Cadavo. Ruta de dificultade baixa pola mañá e pola tarde farase unha segunda parte de dificultade media-alta. A saída será dende a casa da cultura de Ferreira as 8:00 da mañá.´Os prezos son: 10€ socios e 12€ non socios e só inclúe o autobús. Apuntarse ata o día 24 de maio nos teléfonos: 982574741 / 982575127 ou en pasomiudo@gmail.com
Con texto de Francisco Piñeiro, “Fume de carozo” é unha comedia sobre os tempos de bonanza e exceso previos á crise económica. A actuación será o 19 de maio ás 20:30 horas na Casa da Cultura de San Cibrao. O Bordelo é un grupo de teatro con 14 anos de experiencia sobre as táboas con máis de 500 representacións polo escenarios.
O Venres ás 8:30 h. Na casa das Letras, tendrá lugar a Charla-concerto “As músicas tradicionais e de autor” a cargo do dúo Mini e Mero, dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), músicos, poetas, mestres e investigadores do folklore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla.
O Concello procederá ao lavado do contedores de recollida do lixo a vindeira semana do 21 ao 27 de maio, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, que pide a "que durante a vindeira semana non depositen o lixo nos contedores ata despois das oito da tarde. Deste xeito o traballo faráse dun xeito máis doado”. Aproveita para lembrar que “o lixo sempre ten que ir aos contedores en bolsas".
O 17 de maio, ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Lourenzá, os alumnos dos grupos do Taller de Memoria farán un recital aberto ao público, no que amosarán as coplas e cantigas populares que veñen de recompilar.
© 2012 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal










