22 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Foz valora o último pleno da corporación municipal no que trataron mocións de todos os grupos

01-02-11

Nota de prensa

VALORACIÓN DO ALCALDE DE FOZ DO PLENO CELEBRADO O 31 DE XANEIRO DE 2011.

O Alcalde de Foz valor os diferentes puntos tratados no Pleno celebrado onte 31 de xaneiro.

2.- TOMA DE POSESIÓN COMA CONCELLEIRA DO PSOE DE DA. MARÍA ELSA OTERO OTERO.

O Alcalde está moi contento porque Elsa Otero Otero pase a formar parte do grupo do PSdeG-PSOE na Corporación e está seguro que se vai a seguir traballando con gañas.

3.- MOCIÓN DO PP EN CONTRA DA SUBIDA DO RECIBO DA LUZ ACORDADA PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2011.

4.- MOCIÓN DO BNG CONTRA A SUBA DOS BENS DE PRIMEIRA NECESIDADE: LUZ, GAS E AUGA.

Ante as mocións presentadas polo PP e o BNG o PSOE votou a favor das dúas mocións porque considera que canto menos se suba en época de crise, mellor será a situación da cidadanía. O curioso é que o PP que presentou a moción en contra da subida da luz, abstívose na moción presentada polo BNG pola subida dos bens de necesidade (luz, gas e auga) da Xunta de Galicia. O PP vota abstense nesta moción, sen embargo o PSOE vota a favor da moción contra a subida dos impostos do Goberno Central. Busca o mellor para a cidadanía, en cambio o PP de Foz faille un flaco favor.

5.- MOCIÓN DO PSOE SOBRE A CALIDADE DOS MEDICAMENTOS QUE SE SUBMINISTRAN AOS PACIENTES.

Nesta moción, no PP non se puxeron de acordo. Por un lado o candidato á alcaldía amosaba a súa postura en contra desta moción, manifestando incluso que o alcalde non era ninguén para opinar deste asunto, cando realmente quen non é ninguén na Corporación é el.  O portavoz do PP na Corporación sen embargo non só votou a favor da moción, senón que incluíu materia na mesma.

O Alcalde quere aclarar que non estamos en contra dos xenéricos, senón que hai enfermidades como cancro de pulmón, coronarias, alzherimer, de mama, de riñón, de fígado necesitan de medicamentos especiais. E os xenéricos seguramente non dan o resultado idóneo, polo que o que desexamos é que se realice un estudio para que os pacientes estean atendidos correctamente

Ollo co que pasa cos medicamentos. O PP preocúpase pola subida da luz, …  pero non da retirada de medicamentos que hai que pagalos, que non entran en receta, é un imposto encuberto. Esto é importante porque son mediciñas caras.

O resultado desta moción: BNG abstención, PP a favor, PSOE a favor

6.- RECTIFICACIÓN ANUAL INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS A 31 DE DECEMBRO DE 2010.

Aprobado por unanimidade

7.- APOIO Á COMUNIDADE DE MONTES DE NOIS ANTE O XURADO PROVINCIAL DE MONTES

Aprobado por unanimidade

8.- MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.

9.- MODIFICACIÓN DA PLANTILLA DE PERSOAL.

Para corrixir os erros na redacción da RPT: sorprendentemente o PP en contra, BNG e PSOE a favor.

10.- MODIFICACIÓN DA BASE 48 DAS DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO PRORROGADO PARA 2011.

Modificación para aprobar subvención de 350€ para Alcer e 7000€ gastos director banda. Aprobouse unanimidade.

11.- DACIÓN DE CONTA ALEGACIÓNS PLAN POL.

O Alcalde manifestou o descontento porque as zonas de Folgueiras e Tras das Torres quedaron en vez de ordenación, en mellora ambiental, sen ter criterios a Xunta para facelo así. Tendo o Concello un informe da Sª Xeral de Urbanismo onde di que os núcleos rurais están plenamente vixentes. O Alcalde manifesta que todo o que dicía PP e BNG quedou en auga de borraxas. O Alcalde sempre defendeu que estaban vixentes e espera q este culebrón acabe.

Por outro lado, o Alcalde non chega a comprender que a Xunta, desoíndo a Foz, en San Acisclo coloque na zona do centro social cara a estrada de Ferreira beirarrúas e non coloque saneamento como ía no planeamento inicial. Pedimos que se rectifique e que poñan como pediron os veciños.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive