18 de Marzo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Casco Histórico de Viveiro repartirá 3 mil euros na campaña “As compras na túa vila teñen premio”

01-03-11

NOTA DE PRENSA

As compras en Viveiro teñen premio

A Federación Galega de Comercio e o CCA Casco Histórico de Viveiro presentarán hoxe unha campaña de animación ao consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenrolarase en Viveiro entre o 1 e o 12 de marzo. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros.

Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional viveirense poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Ponte Nova ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o sábado, 12 de marzo, nunha carpa ubicada Praza Maior, dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 19.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

Destacar ademáis que os clientes que aporten aos promotores o xustificante de pagar coas Tarxeta Mastercard do Comercio Galego e Tarxeta Comercio de Novacaixagalicia, duplicarán a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.

A campaña será publicitada nos establecementos viveirenses, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novacaixagalicia. Neste primeiro semestre do ano, desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Viveiro, contando para elo coa colaboración do CCA Casco Histórico de Viveiro, que preside Luis Vigo Insua.

1 de marzo de 2011

PROGRAMA FESTA FINAL DE CAMPAÑA

Sábado, 12 de marzo. Praza Maior de Viveiro

11.30 h. Animación nas rúas: Pasarrúas , Zancudos e Malabaristas.

12.30 h. Espectáculo de Pallasos Infantís “ Llilla e Fifo “

16.30 h. Animación nas rúas: Pasarrúas , Zancudos e Malabaristas.

17.30 h. Espectáculo de Maxia cómica “ Rey Midas “

18.30 h. Actuación Musical a cargo de Lucía Pérez.

19.00 h. Sorteo e entrega de 3.000 euros en premios.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive