Ante o anuncio de Núñez Feijóo da inminente ampliación do Hospital da Costa dende a Xunta de Persoal da Costa denuncian que “xa no ano 2009, recen chegado á presidencia da Xunta, anunciaba na festa da faba de Lourenzá que ía ampliar o Hospital da Costa. No ano 2012, logo das mobilizacións da poboación da Mariña en defensa de manter a xestión da sanidade da nosa Comarca, novamente anuncia a inmediata ampliación do noso Hospital cun único propósito, confundir á poboación e disolver as protestas”.
Lembran que tamén en abril de 2013, “volven facer campaña publicitaria de ampliación do Hospital da Costa, coa publicación no DOG. (19 de abril de 2013) da oferta da licitación do Plan Director que, ano e medio despois, apróbase no Consello da Xunta do 18 de setembro por un importe de 112.530€”.
Dende a Xunta de Persoal do Hospital da Costa “consideran que as declaracións de Feijóo en canto á aprobación no Consello da Xunta da licitación dun Plan Construtor e a inmediata ampliación do Hospital da Costa son un auténtico insulto e unha falta de respecto á veciñanza, xa que o único que se aprobou foi adxudicar a redacción do Plan Director”.
Dende a Xunta de Persoal aseveran que o Plan Director non é mais que un estudio das necesidades que en materia de sanidade ten a comarca da Mariña, e que para nada é garante de que se vaia ampliar o Hospital da Costa. De feito é o terceiro Plan Director que se executa ao longo da vida do centro sanitario sen que ningún culminase en ampliación”.
Dende a Xunta de Persoal “esixen que se deixen de mentiras, de manipulacións, de falacias e que demostren que teñen vontade de ampliar o Hospital da Costa destinando unha partida económica executábel nos vindeiros orzamentos 2015 da Xunta para iniciar de xeito inmediato as tan prometidas obras de ampliación”.
En Burela a 29 de setembro de 2014




















Celebrouse no marco das festas de Vilamar, en Barreiros.
Trátase dunha mostra apoiada pola Xunta que pon en valor o patrimonio histórico, artístico e xacobeo do templo. Comisariada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila, a exposición reúne oito paneis de carácter didáctico que repasan a historia do santuario, as súas pinturas medievais, góticas e marianas e a súa relación cos Camiños do Norte. O acto enmarcouse no inicio das festas, que concluíu coa lectura do pregón a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo.
Faino despois de que esta semana aparecese vandalizada a lápida de Paulo Lopes nun acto que a entidade cualificou de racista e xenófobo. O colectivo expresou o seu apoio á familia e reclamou que se esclareza a orixe da agresión. A concentración terá lugar o luns 25 de maio, ás 20:00 horas, na praza do Concello de Burela, baixo o lema de apoio a Antonina Semedo e contra o racismo.
Durante a visita, destacou a importancia do evento para impulsar a comercialización do produto artesán galego, achegar os oficios á sociedade e reforzar a marca Artesanía de Galicia como sinónimo de calidade e traballo feito á man. Nesta edición participaron 20 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, especializados en marroquinería, cantería, xoiería, cerámica, forxa, bordado ao aire, cestería, xoguetes, tecido, debuxo, vidro, elaboración de roupa, bixutería, sombreirería e complementos de moda.
Os premiados e recoñecidos queixos de Gandería Quintián foron os protagonistas. Os asistentes puideron ver a elaboración de diferentes receitas, que despois tiveron a oportunidade de degustar. A Gastropraza está organizada polo Concello de Ribadeo, a asociación de Cociñeiros Lugo, a Xunta de Galicia e Acisa.
O acto contou coa presenza do alcalde, Carlos López López, e de representantes institucionais de ABANCA e Afundación. A mostra, que poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 3 de xullo en horario de 14.00 a 20.00 h, forma parte do proxecto «Corrente cultural», co que Afundación impulsa a difusión artística por toda Galicia. A exposición reúne corenta fotografías procedentes dos arquivos da Axencia EFE que retratan a emigración española e galega ao longo do século pasado, ofrecendo unha mirada humana e documental sobre a historia de millóns de persoas que tiveron que abandonar o seu país para sobrevivir.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.



