22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O barreirense Celso Dourado inaugurou a mostra ‘Represaliados’ no Museo Etnográfico da Fonsagrada

10-11-14

inauguracion-dourado-fonsagradaBarreiros, 10 de novembro de 2014. O artista barreirense Celso Dourado, inaugurou o pasado sábado, 8 de novembro, a súa exposición Represaliados no Museo Etnográfico da Fonsagrada. A mostra consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno e os doce homes que formaron parte do Batallón Galicia, que foron asasinados e enterrados no ano 1937, nunha fosa común do Acevo. Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que agora presenta e que estará previsiblemente exposta no Museo Comarcal ata finais de ano.

Os interesados poden ver esta mostra, situada na terceira planta do museo, en horario de 12 a 14 horas de martes a venres e de 12 a 14 horas e 17 a 19 horas os sábados e domingos.

Nos actos que se desenvolveron o sábado na Fonsagrada, e que conduciu a xornalista e actriz Comba Campoy, estiveron Mini e Mero, Brais Monxardín e Xiana Arias.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive