Os sendeiristas de Pasada das Cabras realizaron a ruta circular Monte do Fancho por Cangas do Morrazo desde a Caracola de Donón (O Hío) para subir ó Monte Facho para ver o castro e unhas maravillosas vistas da Costa da Vela, illa de Ons, Ría de Pontevedra, etc. Despois de baixar ó punto de partida, puideron continuar por zonas arboradas cara á praia da Barra e o Faro de Punta Subride. Tamén visitaron a praia de Melide, enfronte ás illas Cíes, e cammiñaron pola costa cara ó Faro de Robaleira e o Cabo Home para volver ó punto de partida. Arredor das 14.30 horas recuperaron forzas nun restaurante do Hío para volver a Burela recordando un bonito percorrido nun día totalmente de primavera.
Ruta Monte do Facho – Cangas de Morrazo de Pasada das Cabras
Ruta Monte do Facho – Cangas de Morrazo de Pasada das Cabras
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios