18 de Marzo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Dende Xove á Fonsagrada para “coñecer o Camiño da República”

13-05-15

fonsagradaO Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE organiza a terceira ruta deste ano que se desenvolverá o domingo 17 de maio pola comarca de A Fonsagrada para realizar “O Camiño da República” para coñecer a antiga estrada sen rematar que uniría A Fonsagrada coa localidade asturiana de San Antolín de Ibias nun percorrido que terá como protagonista ó río Navia e o encoro de Grandas de Salime. Tamén aproveitarán a saída para facer outra pequena ruta para coñecer a Seimeira de Vilagocende, a fervenza máis grande e espectacular de Galicia. A saída en autobús dende o Centro Cívico de Xove está prevista para as 08.00 horas. O prezo da actividade é de 17 euros, 15 no caso dos non socios pero federados, 14 para os socios con seguro deportivo e 12 para os socios federados. Os interesados en recibir máis información ou inscribirse, antes do 14 de maio, poden dirixirse á piscina municipal ou ó teléfono 618 97 61 59.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive