19 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Visita guiada ó casco histórico de Viveiro “ante a gran afluencia de turistas”

17-07-15

O Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo, e a Concelleira de Turismo, Marisol Rey, tomaron a iniciativa de ofrecer unha visita guiada polo casco histórico de Viveiro debido á gran afluencia de turistas.

Nesta actividade, aberta á toda á cidadanía, ofrecerase información da historia de Viveiro, da súa arquitectura e, sobre todo, diversos aspectos artísticos e arquitectónicos que adoitan pasar desapercibidos.

A visita terá lugar o xoves 23 de xullo de 2015, ás 20.00 horas e o punto de saída será a Oficina de Turismo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive