17 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

En marcha a web de fotografías antigas do Vicedo

20-11-15

memoria-vicedoA web www.memoriasdovicedo.org, que recopila fotografías antigas de todo o municipio do Vicedo e trata de servir de arquivo para moitísimas fotografías que todos temos nas nosas casas e que trata de evitar que se perdan xunto coas persoas e as historias que nos contan, foi inaugurada este xoves.

A web ten carácter municipal xa que está impulsada pola Aula Cemit deste concello; pero unha vez que xa está posta en marcha calquera persoa que se rexistre pode incorporar fotografías novas, facer comentarios ás que xa hai, etc.

Ao longo das vindeiras semanas repetiranse estes actos de presentación da web polas parroquias.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive