Acaso non exista un só pobo no litoral que non vivira, no decorrer da súa historia mariñeira, o dramatismo da perda de vidas entre os seus mariñeiros. As forzas ceibes da natureza; os imprevistos nun camino moitas veces ignorado;a falta de recursos para actuar ante o inesperado… fixo que o mar, tan engaiolante e tan cobizado, se voltase verdugo despiadado. Os accidentes laborais; as galernas, temporais e naufraxios, e con eles a norte tinguiron de mouro, e seguen a facelo, a vida da vilas mariñeiras.
Tódolos mares coñecen de traxedias nas súas augas. Feitos tristes que alguns quedaron no anonimato e outros, pola magnitude, ou as circunstancias que oss arrodaron permanecen gravados, con trazos indelebles, na historia sinistra, dos pobos mariñeiros.
O “Hidro” era unha lancha que chegara a Foz o ano 1930, procedente de Laredo onde Tristán “O vello”, e don Manuel Blanco Muinelo, segredario do entón Xulgado Comarcal de Foz a mercaran. O nome dela era “Nuestra Sra del Carmen”; pero era tan veloz surcando as augas que as xentes deron en decir que mais ben parecía un hidroavión e daí que todos a coñecesen por “O Hidro”. Na tardiña do 8 de outubro de 1935; ao lusco – fusco cando intentaba pasar a fatídica barra ata a Ribeira con 20 bañeiras de sardiña a bordo envorcou preto da Pena Rubia, quedando a quilla para arriba. Dos oito que a tripulaban dous desapareceron: Tristán Alonso e Xoséda Palmeira.Ao teceiro día Tristán apareceo nunha Praia de San Cibrao e, dez días despois, Xosé, avistado por un pescador de cana nunha furada da costa en Salave, pretiño de Tapia: curiosamente ambos seguirán rumbos opostos. A profundidae dos cantís e a ificultade dos accesos fixeron que os vecinos o lugar tivesn que realizar serios esforzos para levar a terra o cadáver e Xosé da Palmeira, que foi soterrado no minúsculo cemiterio de Salave.
Ás veces feitos tan luctuosos a pé a que se produzan episodos de fondo valor humano, solidarios e que as persoas, ó impulso de tal sentimento arrisque sen miramentos e mesmo se salten as leis para lograr mitigar a dór allea; foi iste un deses casos.
Tempo mais tarde a nai do mariñeiro, María de Gabrieliño, quixo recuperar os restos o fillo cumprindo coa legalidade;pero os trámites eran longos e moi caros para aquela conomías dw subsistencia e seguindo a suxerencia do párroco don Xosé Louro optaron por facelo de xeito clandestino.
Suso Fernández




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



