Compostla 21-1-17. O novo secretario xeral de Compromiso por Galicia,Juan Carlos Piñeiro reivindicou a formación galeguista coma “o facho de ilusión” dos galegos e galegas que creen no futuro do país.
Despois de ser elixido, Piñeiro Docampo manifestou que “Compromiso vai facer política con sentidiño, fiscalizando a labor das administracións e propoñendo solucións para os numerosos problemas de Galicia”.
Foron as súas primeiras palabras como novo secretario xeral do partido, no II Congreso Nacional celebrado este sábado en Teo baixo o lema “Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións”.
Os militantes tamén elixiron aos seus representantes no Consello Político Nacional que estará formado por trinta persoas(15 homes e 15 mulleres).
Ademais tamén se debateron varias emendas. O secretario xeral saínte, Xoán Bascuas, deu lectura ao informe de xestión que foi aprobado por unanimidade e arroupado polos aplausos dos asistentes.
O Congreso Nacional contou coa presenza do senador e membro da executiva
do P.N.V., José María Cazalis.