O Nadal é, de certo, a festa máis importante na liturxia cristián. Unhas datas de recollemento, de opíparas comiolas, de familia e de reivindicación do nacemento do fillo de deus.
Todo iso aderezado cun pico considerable do consumo doméstico que, co seu paso fugaz, deixa tras de si pesadas dixestións e o comezo da costa de xaneiro. A volta realidade.
As leis de mercado non sempre poden ser un indicador fiable, en ocasións os mellores agasallos non se poden mercar; vellos tópicos que seguen tan vixentes e actuais coma cando naceron.
Deste xeito, sen pensalo, sen pretendelo, coa espontaneidade que define os mellores momentos das nosas vidas coñecín das Moreninhas, un grupo vocal de tres integrantes. Foi na gala de Nadal organizada o día 23 de decembro en Burela pola fundación Eu Son.
Collendo prestada a expresión: as tres “pombas douradas” de Cabo Verde, foron capaces de converter a Casa de Cultura de Burela nun espazo digno do seu nome, na perfecta simbiose musical e cultural galego-cabo verdiana. Toda a gala foi un compendio de humanidade, bo gusto e compromiso por parte dos intervintes.
Abraiado polo suceso, non ficou aí a cousa, senón que as nosas tres amigas tiveron a oportunidade de facerse ver nun escenario de maior notoriedade, o da Televisión de Galicia no programa Luar.
Érica Gomes Mendes, Raquel Lopes Ramos e Eliane Tavares Méndes, tres rapazas cabo verdianas afincadas en Burela, as Moreninhas, foron o día 29 de decembro a Compostela ao Plató 1000, o espazo onde se emite o devandito programa.
Pero o seu canto non é só un gusto para os ouvidos, é tamén o mellor reflexo da integración e da fusión cultural nun tempo triste no que ameaza a vella pantasma da xenofobia, o máis brillante embaixador do modelo Burela, o garante das obrigas constitucionais do dereito á cultura, á liberdade da mesma e ao seu acceso.
Ano novo, votos renovados. Certo é que esta opinión soe ter por tema cuestións de actualidade dende unha perspectiva xurídica, é verdade que a actualidade mediática destes días anda por outros lares…
Pero non se confundan, as nosas protagonistas son un faro, elas representan a liberdade cultural consagrada na constitución e só nese espazo poderá forxarse a igualdade ante lei fixada no art. 14 do mesmo texto.
Que o recen inaugurado ano sexa un camiño de cultura e igualdade. Que a lei recoñeza o dereito fundamental á música e á poesía. Ventureiro 2018.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



