Mondoñedo, 12 de novembro de 2018.- A obra ‘Mapa de xeografía emocional’ do autor Martiño Maseda acada o primeiro premio no VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que cada ano convoca o Concello de Mondoñedo, en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Martiño Maseda é natural de Vilalba, e recibirá un premio de 1.500 euros, placa e diploma. Mentres, o segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra titulada ‘1(14)1’, do autor Alberte Momán de Ferrol. O terceiro premio foi para a obra ‘Documentos do escribente’ de Jorge Alonso García. O autor nado en Bos Aires e residente en Vilagarcía de Arousa recibe 300 euros, placa e diploma.
Dende o Concello de Mondoñedo destacan que esta edición do VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro estivo marcada “polo gran número de obras que participaron, preto de 100 orixinais recibidos”.
Os xurado que fallou os premios estivo integrado por Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto.
Entrega premios
A entrega dos galardóns aos premiados terá lugar durante un acto celebrado polo Concello de Mondoñedo e que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de novembro. Desenvolverase baixo o seguinte programa:
12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta.
12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.
Promoción da poesía
Deste xeito, o Concello de Mondoñedo amosa un ano máis o seu compromiso “de aposta pola promoción do xénero poético, neste caso en lingua galega”, así como “pola contribución á divulgación dos seus autores”. Con este afán de contribución á promoción da escrita poética, o Concello editará no ano 2019 un libro con todos os poemas gañadores das diferentes edicións do certame que honra a figura de Manuel Leiras Pulpeiro.
Dende a administración local lembran que Mondoñedo é “o berce de grandes mestres da literatura e da poesía” e, neste senso, lembran a convocatoria non só do premio de poesía que honra a Manuel Leiras Pulpeiro, senón tamén o premio de poesía Díaz Jácome.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



