20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Por mor das previsións de mal tempo o Mercado de Outono do Valadouro celebrarase na carpa da praza de Sta. María

08-11-18

O Valadouro 8-11-18. Por mor das inclemencias meteorolóxicas adversas previstas para o vindeiro sábado 10 de novembro, trasládanse as ubicacións iniciais previstas para todas as actividades da xornada.
O mercado de outono con os seus postos de venda de produtos da tempada outonal estará ubicado na carpa ubicada en plena Praza de Santa María desde as 10:00h.
Os xogos tradicionais infantís que se desenrolan, en familia, a partir das 11:30 e das 18:30h. tamén se traslada a carpa da Praza.
Para rematar, a actuación do dúo musical Suso e o propio magosto a partires das 21:00 horas tamén se trasladan á carpa da Praza.
Paralelamente a estes actos na Casa da Cultura impartirase un Curso de Fruticultura de acceso libre e organizado pola Asociación de Fruticultores do Valadouro ás 10 da mañá.
Convidamos, a todos e a todas, a disfrutar dunha nova edición do Mercado de Outono e do Magosto Popular organizado pola concellería de cultura

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive