Viveiro 28-12-18. A Concellería de cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e ás veciñas co obxectivo de regular a súa participación como ¨figurantes¨na Cabalgata de Reis 2019,o sábado 5 de xaneiro.
Os criterios de participación regúlanse segundo o que dipoñen os seguintes puntos:
Figurantes que irán sentados nas carrozas.
Pódense inscribir todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2019 teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos.
O total de prazas para ir nas carroza é de 40 nenos e nenas
Inscrición.
O periodo de inscrición será os días e 2 e 3 de xaneiro de 9h a 14h.
A folla de inscrición facilitarase no TEATRO PASTOR DÍAZ.
As solicitudes formalizaranse cubrindo dito documento.
Os datos que se deben facilitar son os seguintes: – Nome e apelidos e data de nacemento. – Nome e apelidos da nai, pai ou representante legal do/a menor, e autorización da participación do/a menor na cabalgata.- Teléfonos de contacto. – Correo electrónico.- Autorización de uso da imaxe.
A folla cuberta entregarase no teatro Pastor Díaz no horario anteriormente dito.
– A recollida realizarase por orde de recepción das solicitudes debidamente cubertas e asignarásenlle correlativamente a cada unha delas o seu número de solicitude correspondente.
– A asignación das 40 prazas farase por estricta orde de recepción das solicitudes.
– Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselles ás persoas interesadas as a súa situación na cabagata, así como a información necesaria para que participen nela. Lugar e horario de presentación e horario e forma de recollida ó finalizar.
– Unha vez cubertas as prazas disponibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir as baixas ou novas necesidades.
Se unha persoa das admitidas, por razóns persoais , non puidera participar na Cabalgata, deberá comunicar ao concello con anterioridade ao día 4 de xaneiro a súa baixa para ser substituída pola persoa que por rigorosa orde de inscrición conforme a primeira praza da reserva, e así sucesivamente, por orde correlativa.
Participantes.
Os participantes comprométense a presentarse o 5 de xaneiro no lugar e hora marcados como punto de encotro, vestidos unicamente con leggins negros, calzado oscuro e camiseta térmica ou xersei de manga larga tamén negro.
O vestiario será facilitado polo concello de maneira de préstamo gratuito.