20 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas este sábado, 18 de maio, no Teatro ás 20:30 horas

16-05-19

 Ribadeo, 16 de maio de 2019. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas este sábado, 18 de maio, no Teatro ás 20:30 horas. Das oito pezas que interpretará tres delas son estreas e algunhas contarán con narración a cargo de Toni Deaño.
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue coa súa programación anual e desta volta, coa proximidade das Letras Galegas, o sábado 18 de maio ás oito e media no Teatro terá lugar o tradicional concerto para conmemorar ese día”.
David Ballester explica que “neste concerto, como non podía ser menos, nós faremos esa homenaxe ás Letras Galegas, ás nosas letras musicais, e interpretaremos diferentes tipos de música galega, tanto muiñeiras como xotas e pasodobres. Tamén haberá tres das obras que imos interpretar que irán con narración a cargo de Toni Deaño. Ademais quero resaltar que das oito pezas que imos interpretar tres delas son novas, é a primeira vez que están enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
O director da Banda ribadense quere “convidar a toda a xente que estea o sábado 18 de maio por Ribadeo a que se achegue ao Teatro, ás oito e media da tarde, e poida disfrutar do concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive