20 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A estadía media nos establecementos turísticos da provincia medrou nun 8,5% no primeiro trimestre do ano

15-05-19

 Lugo, 15 de maio de 2019.- A estadía media nos establecementos de aloxamento de Lugo medrou no primeiro trimestre un 8,5%, situándose o tempo que os viaxeiros permanecen na provincia nunha das cifras máis altas dos últimos anos pese ao efecto de Semana Santa, que este ano celebrouse en abril. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou tamén o bo dato que achega o turismo internacional, que medrou nun 8,7%.

Así se desprende dos últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que revelan que nos tres primeiros meses visitaron Lugo máis de 80.000 viaxeiros, que realizaron 156.000 pernoitas.

A capital
O municipio da capital rexistra datos moi similares, cun incremento da estadía media do 8,8%; producíronse máis de 5.000 pernoitas, un arranque de ano que só superou o 2018 -contando coa Semana Santa- e que está, polo tanto, por riba dos exercicios anteriores.

O mercado internacional amosa un incremento moi notable, dobrando os niveis do pasado ano e situándose en preto de 9.000 noites. Outro bo dato para o sector é a subida das tarifas hoteleiras na cidade neste primeiro trimestre –un 4,5% –, situándose en 43,0 euros de ingreso medio por habitación ocupada. Tal circunstancia provoca en esencia que neste período melloren tamén os niveis de rendibilidade hoteleira.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive