20 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Final Senior da Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase o venres 17 de maio en Xove

14-05-19

 Xove 14-5-19. A caravana do Gaélico galego chega por vez primeira á Mariña, co gallo da disputa da gran Final da Copa Galega. Xove foi o lugar escollido para este evento, no que se dará cita o mellor do fútbol gaélico galego, tanto en categoría feminina como masculina.
O formato escollido para a loita polo título é o de Final Four, con catro equipos masculinos e catro femininos que, a partir das 12h do mediodía, nos brindarán 8 encontros do máis alto nivel. Prevese que as finais se disputen en torno ás 17,00.
Os equipos clasificados, en categoría masculina son o Estrela Vermelha de Compostela, o Auriense Campus da Auga (Ourense), o Herdeiros de Dhais de Lalín e o Cambados, mentras que na loita polo título copeiro feminino estarán o Estrela Vermelha de Compostela, o Herdeiras de Dhais de Lalín, o Auriense Campus da Auga (Ourense) e o Fillas de Breogán (A Coruña).
A xornada, servirá tamén como presentación do nacente equipo da Mariña, o Britonia FG, organizador do evento, que aspira a participar de xeito oficial en vindeiros campionatos. O debut, a iso das 16,30, será ante un combinado de xogadores e xogadoras dos diferentes equipos da Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
Desde estas liñas, o Britonia FG quere convidar a toda a Mariña a formar parte deste histórico día, que pretende ser unha grande festa do gaélico, que se viva dun xeito eminentemente lúdico, máis alá da grande cita deportiva que supón, e que incluirá outro tipo de actividades complementarias, para grandes e pequenos/as, entre as que destaca unha exhibición de bolos (ás 14,30). Do mesmo xeito, agradecer a colaboración da UD Xove Lago, o Concello de Xove, a agrupación folclórica Saíñas e o club ciclista Komando Xoviético, por todas as facilidades e axudas brindadas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive