20 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Burela é o lugar elixido para albergar a XXV Edición da Copa de España Feminina de Fútbol Sala

14-05-19

 Burela 14-5-19. Burela é o lugar elixido para albergar a XXV Edición da Copa de España Feminina de Fútbol Sala, que por primeira vez denomínase Copa de S.M. A Raíña. Esta fase final, que se disputará os días 14, 15 e 16 de xuño no pabellón de Vista Alegre, contará cos oito equipos mellor clasificados da liga regular da Primeira División Feminina de Fútbol Sala. A de 2019 converterase na terceira edición como anfitrioa para a vila mariñá.

A competición arrincará o venres 14 de xuño, cos partidos de cuartos de final. O sábado 15 chegará o momento das dúas semifinais. Mentres que o partido decisivo será do domingo 16 de xuño.

Unha vez que se confirmen os oito equipos clasificados, coñeceranse os emparellamentos e os cruces desta Copa de SM A Raíña. Neste caso, o primeiro na táboa enfrontarase ao oitavo, o segundo ao sétimo, o terceiro ao sexto, e cuarto e quinto veranse as caras.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive